Responder ó comentario

Robótica en ciencias da natureza.

As mestras de segundo andivemos argallando varios xogos para afianzar conceptos e repasar os contidos traballados na clase na área das ciencias. Este xogo que presentamos está composto por unha plantilla de fotografías e palabras ademais dunhas tarxetas con preguntas ou retos. Os rapaces e rapazas tiñan que ler en voz alta a súa pregunta, logo contestala, se acertan dirixen o bichiño ata a resposta e gardan a tarxeta (así contabilizan o número de acertos). Se fallan quédanse sen tarxeta e non poden dirixir o Escornabot. Están todos e todas moi atentos, e os compañeiros/as fallan axúdanlle para poder conducir o bicho.

As preguntas son sobre as partes dunha planta, por onde respiran, os beneficios que aprotan aos humanos,... Para eles e elas é moi motivador.

Responder

Igualdade, Convivencia e Inclusión