Deputación da Coruña: Campaña de vela e Campamentos Deportivos

Presentamos a información da campaña de vela da Deputación da Coruña e dos Campamentos Deportivos.

 

 

No caso dos campamentos deportivos, ao Concello de Fene tocoulle a 2ª quenda, do 7 ao 12 de xullo.

Os rapaces e rapazas empadronados en Fene  de 9 a 14 anos interesados en asistir, poderán efectuar a preincrición ata o 31 de maio, nas dependencias do Departamento de Cultura e Deportes (Avda. Naturais, nº 44, entrechán) de luns a venres  en horario de 9:30 a 13:30 h.

No caso de contar con máis inscricións que prazas adxudicadas (8) realizarase un sorteo público unha vez rematado o prazo de preinscrición.

Stemweek 2019

A Consellería de Educación convoca 200 prazas para alumnado de 3º e 4º de ESO na Stemweek

 

Esta actividade formativa STEMweek, está dirixida á mellora das competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM.

En total ofértanse 200 prazas para alumnas e alumnos de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria, nunhas estadías que se desenvolverán no Centro Residencial Docente (CRD) da Coruña.

Este é o enlace á información:

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/39402/conselleria-educacion-convoca-200-prazas-para-alumnado-eso-stemweek

 

 

Información xeral para o curso 2019/20

Xornadas de portas abertas:

todos os venres de febreiro e marzo ás 10:30

(prégase concertar cita no 881930110)

Solicitudes de admisión

Reserva de praza

Aclaración

Reserva de praza: para o alumnado do centro adscrito (do 1 ao 15 de febreiro)

Solicitude de admisión: para o resto do alumnado (do 1 ao 20 de marzo)

O alumnado xa matriculado no colexio que pensa seguir, non ten que facer nada

Distribuir contido