Deputación da Coruña: Campaña de vela e Campamentos Deportivos

Presentamos a información da campaña de vela da Deputación da Coruña e dos Campamentos Deportivos.

 

 

No caso dos campamentos deportivos, ao Concello de Fene tocoulle a 2ª quenda, do 7 ao 12 de xullo.

Os rapaces e rapazas empadronados en Fene  de 9 a 14 anos interesados en asistir, poderán efectuar a preincrición ata o 31 de maio, nas dependencias do Departamento de Cultura e Deportes (Avda. Naturais, nº 44, entrechán) de luns a venres  en horario de 9:30 a 13:30 h.

No caso de contar con máis inscricións que prazas adxudicadas (8) realizarase un sorteo público unha vez rematado o prazo de preinscrición.

AdxuntoTamaño
vela 2019 - diptico 20x21 baixa.pdf285.15 KB
Campamentos deportivos 2019 triptico A4.pdf810.16 KB