Servizo de madrugadores
Anexo a documentación proporcionada pola ANPA relativa ao servizo de madrugadores para o curso 20/21. Cubride a ficha de inscrición e remitidea o correo: anpasanvalentin@gmail.com.
Podedes tamén chamar ao centro e reservar cita na secretaría se tedes dificultades para imprimir a ficha; vos axudaremos a cubrila e enviala.
Documentos COVID
Estimadas familias
Achégovos as ligazóns aos documentos do protocolo COVID, así como aos horarios para o ensino a distancia no caso de confinamento, total ou parcial.
Plan específico actuación alumnado vulnerable
Recomendamos unha lectura polo miudo destas normas, pois é a saúde de todos a que está en xogo.
Carta ás familias
O equipo directivo do CPI A Xunqueira redactamos unha carta dirixida ás familias con motivo do inminente comezo do curso.
Premendo nesta ligazón podédela descargar.
Aviso importante para 5º, 6º Primaria e 1º, 2º da ESO. Curso 20/21
O noso centro participa no proxecto de educación dixital E-dixgal.
Somos parte dos máis de 280.000 alumnos galegos que teñen acceso a unha contorna de aprendizaxe na nube con recursos para desenvolver as competencias dixitais necesarias para o seu futuro profesional.
Para completar a nosa incorporación neste proxecto, no curso 2020/21 estenderase a 6º de Primaria e a 2º da ESO.
Con tal motivo recomendamos que
non se merquen nin libros nin cadernos para 5º, 6º de EP e 1º, 2º da ESO.
O alumnado e o profesorado terá á súa disposición un ordenador portátil, e ten a posibilidade de utilizalo tamén na súa casa, para o que se establecerá o servizo de préstamo do mesmo.
En 5º, 6º de EP todas as materias serán E-dixgal e non terán libro de texto en papel.
No caso de 1º e 2º da ESO, non todas as materias son E-dixgal. Cando comecen as clases daranse instrucións precisas sobre que libros tería que mercar cada alumno/a, despois de distribuír as existencias.
Blog do Club de Ciencias
Podedes seguir as actividades do club de Ciencias do CPI A Xunqueira neste blogue:
https://clubdecienciacpiaxunqueira.blogspot.com/
Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria
Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
Nesta ligazón atoparedes toda a información relativa a este proceso e poderedes cumplimentar on line ou descargar os impresos para realizar a solicitude de admisión en calquer centro sostido con fondos públicos.
Este proceso é exclusivamente para o alumnado de nova incorporación ao centro.
Novos prazos do proceso:
● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.
O horario de secretaría será de 09:00 a 13:30
Para máis información acceda ao DOG do Mércores, 6 de maio de 2020
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »