Aviso importante para 5º, 6º Primaria e 1º, 2º da ESO. Curso 20/21

O noso centro participa no proxecto de educación dixital E-dixgal.

Somos parte dos máis de 280.000 alumnos galegos que teñen acceso a unha contorna de aprendizaxe na nube con recursos para desenvolver as competencias dixitais necesarias para o seu futuro profesional.

Para completar a nosa incorporación neste proxecto, no curso 2020/21 estenderase a 6º de Primaria e a 2º da ESO.

Con tal motivo recomendamos que

non se merquen nin libros nin cadernos para 5º, 6º de EP e 1º, 2º da ESO.

O alumnado e o profesorado terá á súa disposición un ordenador portátil, e ten a posibilidade de utilizalo tamén na súa casa, para o que se establecerá o servizo de préstamo do mesmo.

 

En 5º, 6º de EP todas as materias serán E-dixgal e non terán libro de texto en papel.

No caso de 1º e 2º da ESO, non todas as materias son E-dixgal. Cando comecen as clases daranse instrucións precisas sobre que libros tería que mercar cada alumno/a, despois de distribuír as existencias. 

Ligazón ao listado de libros de texto.