Director

Contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería. Curso 2016/17

Como en cursos anteriores ábrese o proceso para proceder á contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería en centros docentes non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Calquer empresa ou persoa que cumpra cos requisitos poderá facer unha oferta para este contrato.

Neste enlace atópase toda a información e documentación relativa a este proceso.

A oferta presentaráse na Secretaría do centro do 2 ao 22 de xuño de 2016 

Oferta educativa para o curso 2016/17

Premendo no seginte link podedes ver unha presentación coas características mais salientables da oferta educativa do noso centro para o vindeiro curso.

Presentación do Centro

Premendo no seguinte enlace podedes descargar unha breve presentación na que, de xeito resumido, mostramos as principais características do noso colexio.

Regulamento de Organización e Funcionamento

Premendo neste enlace podedes descargar ou consultar o ROF do centro

INICIO DO CURSO 2013/14

EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

Día 11 de setembro (mércores)

  • Entrada ás 11:00 horas
  • Saída ás 13:00 horas

(O transporte escolar adaptarase a este horario)


EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

Día 16 se setembro (luns)

  • Entrada ás 12:00 horas
  • Saída ás 13:45 horas

(O transporte escolar adaptarase a este horario)

XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERIA DO CENTRO

Esgotado o anterior contrato, procede iniciar un novo expediente de adxudicación do Servizo da cafetería do C.P.I. « A Xunqueira » de Fene, o cal se axustará ás condicións que figuran na folla de especificacións técnicas.

A documentación requerida presentarase, en sobre pechado, na Secretaria do Centro ata as 13:00 horas do día 19 de xullo.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento das instrucións ditadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería en centros públicos non universitarios.
 

Fene, 4 de xullo de 2013

A DIRECCIÓN

 

DESCARGA DA FOLLA DE ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS

Distribuir contido