XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERIA DO CENTRO

Esgotado o anterior contrato, procede iniciar un novo expediente de adxudicación do Servizo da cafetería do C.P.I. « A Xunqueira » de Fene, o cal se axustará ás condicións que figuran na folla de especificacións técnicas.

A documentación requerida presentarase, en sobre pechado, na Secretaria do Centro ata as 13:00 horas do día 19 de xullo.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento das instrucións ditadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería en centros públicos non universitarios.
 

Fene, 4 de xullo de 2013

A DIRECCIÓN

 

DESCARGA DA FOLLA DE ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS