PROGRAMA DE ANIMACIÓN Á LECTURA “LER CONTA MOITO” NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN. | ||
Serán 3 espectáculos que se levarán a cabo no SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO DE NIGRÁN: |
||
Día 30 de setembro, venres, ás 18 horas: Raquel Queizás con Contos pola Igualdade. |
Días 3 e 7 de outubro, luns e venres, ás 18 horas: Beatriz Cabaleiro con
“Aprende Inglés con Clover” |
|
Categoría á que pertence Narración oral Público/s ao/aos que vai dirixido Nenos e nenas (Nenas e nenos a partir de 3 anos. Público familiar) Duración: 50 minutos Texto de presentación da actividade Agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños. Ata fai pouco os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban a débiles princesas. Mais agora contamos con contos que transmiten valores de igualdade, de respecto e convivencia entre nenas e nenos. Temática Igualdade e violencia de xénero
|
Categoría á que pertence
Obradoiro creativo Público/s ao/aos que vai dirixido Nenos e nenas (de 6 a 10 anos) Duración:75 minutos Número de sesións: 2 Clover é unha porquiña norirlandesa que acaba de chegar ao equipo de baloncesto de Vila Liberdade. As súas manchiñas, coa curiosa forma do trevo, van chamar a atención das súas compañeiras e espertar as súas suspicacias. E como non hai mellor maneira de aprender que xogando e practicando, imos facer un xogo galego-inglés con Clover. |