OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA CON ALEXANDRE SENANDE

Este mércores contamos no CPIP Antonio Orza Couto coa visita do ilustrador Alexandre Senande que veu darlle un obradoiro de Banda Deseñada ao alumnado de 1º ESO. O ilustrador de Sentinelas da lúa carmesí, xa coñecido polas alumnas do noso Club de Lectura, compartiu algunhas das súas técnicas co alumnado de 1ºESO nunha sesión práctica na que estiveron traballando e desfrutando a un tempo e que deu lugar a resultados moi satisfactorios. 
​Parabéns a Alexandre e ao noso alumnado pola súa implicación recíproca na actividade. Parece que hai canteira da ilustración no Orza Couto!

ROTEIRO GUIADO. MONUMENTO NACIONAL COSTA DO DEXO

O pasado mércores 10 de abril, o alumnado de 3ºESO realizou unha saída didáctica á costa do DEXO emmarcada dentro do programa"para unha transición ecolóxica". Este programa desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña, pretende poñer en valor nos centros educativos da provincia da Coruña a importancia e valores destes espazos naturais protexidos,mediante actividades que permiten aos participantes enmarcados na súa contorna xeográfica, establecer vínculos afectivos co medio, reforzar a visión respectuosa co entorno e adquirir actitudes e comportamentos cara á súa protección e conservación.

Obxectivos:

Coñecer o patrimonio natural e cultural que albergan estes espazos, así como o seu valor ambiental xeral a través da historia.

  • Analizar os recursos que amosa e o valor que aportan estas figuras ao territorio e á poboación local de cada un dos Parques Naturais e da Reserva da Biosfera.

  • Entender as problemáticas ambientais ás que están sometidos estes espazos en busca do coidado e mantemento dos mesmos.

Primeira sesión:

  • Actividade no centro educativo sobre un dos espazos naturais protexidos da provincia da Coruña. Presentación breve onde se expón de maneira sinxela e amena as características dun espazo natural protexido, a importancia dunha figura de protección, a riqueza do seu patrimonio natural e cultural, os principais problemas ambientais que sofren e a forma que temos entre todos de poder axudar a protexelos.

Segunda sesión: Ruta guiada polo Monumento Natural da Costa de Dexo

KINGS LEAGUE O FORTE

Durante o segundo trimestre estívose a darlle un toque ós patios en Educación Primaria coa creación dunha Kings League O Forte. Tras formar equipos entre 3º 4º 5º e 6º e realizar unha reunión para expoñer normas de actuación e regulamento, dispuxémonos a comezar a competición. As modalidades elexidas foro brilé e fútbol

Agradecer o alumando de 6º de EP a súa disposición para moderar a competición e parabéns a todos os participantes e especial, ós gañadores: Biciclistas Solteros F.C.

BECAS EUROLINGUA

Eurolingua - Aseproce

No seguinte enlace pódese ver a información sobre as Becas Eurolingua, destinadas ao alumnado a partir de 3º de ESO para realizar un curso de inglés en Irlanda.

BECAS EUROLINGUA

I TORNEO PRE-FEILE GAÉLICO ESCOLAS

O Sábado  23 de marzo, o noso centro participou co equipo Gaélico O Forte de Boqueixón que xestiona a ANPA do noso centro, no I Torneo pre-feile Gaélico Escolas, que tivo lugar nas instalacións deportivas do Concello de Boqueixón.

 

Xunto co equipo de Boqueixón participaron o IES Xelmirez I, o Keltoi Montecastelo, os Esquíos F.G, e o Resío Turonia. Os nosos foron gañando partidos ata chegar á final onde se enfrontaron ao Keltoi nun encontro no que resultaron vencedores.

Logo da entrega de medallas e trofeos, tiveron un terceiro tempo no que recuperaron forzas cos petiscos xentileza da ANPA O Forte.

A seguinte cita será no European Feile,  campionato de Europa en idade infantil e cadete, que desta volta se celebrará en Vigo o 27 de abril.

Grazas ao Concello de Boqueixón por estar sempre disposto a cedernos as instalacións e por financiar as equipacións que estrearon os nosos rapaces e rapazas.

ADMISIÓN CURSO 2024/25

Solicitudes de admisión curso 2024/25:

  • 4º curso de Educación secundaria Obrigatoria: todas as solicitudes están ADMITIDAS
  • 5º curso de Educación primaria: Presentáronse máis solicitudes que prazas ofertadas, hai que BAREMAR.
  • 1º curso de Educación primaria:Presentáronse máis solicitudes que prazas ofertadas, hai que BAREMAR.
  • 4º curso de Educación Infantil:Presentáronse máis solicitudes que prazas ofertadas, hai que BAREMAR.

Prazo voluntario de presentación de documentación para os criterios alegados: Do 22 de marzo ao 4 de abril

Os días 24, 25, 26 de marzo e 1 de abril, a presentación da documentación e calquer tipo de consulta ao respecto do procedemento, farase a través do correo electrónico cpi.antonio.orza.couto@edu.xunta.gal

Os días 2, 3 e 4 de abril poderase facer de forma presencial na secretaría do centro en horario de 09:00 a 14:00, ou a través do mesmo correo electrónico.

A dirección

BOLSAS MEC PARA ESTUDIOS POST OBRIGATORIOS

O Ministerio de Educación vén de abrir o prazo para solicitar a bolsa de estudos postobrigatorios.

O alumnado que no curso 2024-25 curse bacharelato ou ciclo de Formación Profesional (alumnado de 4º de ESO), deberá solicitala.

Lembramos que para esa etapa educativa postobrigatoria non hai a axuda para adquisión de libros de texto da Xunta.

Calqueira dúbida, poden poñerse en contacto coa secretaría do centro.

BOLETÍNS DA 2ª AVALIACIÓN

Tagged:  

Prezadas familias:

Por acordo tomado na Comisión de Coordinación Pedagóxica do 26 de febreiro de 2024, no sucesivo, deixaremos de enviar os boletíns de notas do alumnado en papel e únicamente estarán dispoñibles para as familias a través da aplicación abalarmóbil.

Se algunha familia ten dificultades para obtelas do xeito indicado, que se poña en contacto coa secretaría do centro.

As notas da segunda avaliación publicaranse o venres 22 de marzo ás 14:00h.

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO

Os días 10 e 11 de abril desenvolverase nos centros educativos de Galicia a avaliación de diagnóstico. Nos seguintes enlaces pódese atopar toda a información.

- Información xeral

- Páxina da Consellería de Educación

Acreditación das competencias dixitais

Tagged:  

A Consellería de Educación ofrece un exame para acreditar a competencia dixital do alumnado de 4ºESO. O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria no curso 23-24 recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación. O alumnado matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio. Esta acreditación do alumnado terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.

O prazo de matrícula remata o venres 15 de marzo.

Para máis información podedes premer nesta ligazón.

competencia dixital

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013