Skip to Content

Actividades ENL

VIDEOCONFERENCIAS NO IV DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O martes 12 de novembro celebrouse o IV Día da Ciencia en Galego e con ese fin a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística promoveu, nos centros educativos de primaria e secundaria, o acceso ao vivo e simultaneamente a dúas videoconferencias.

A primeira, impartida por Marilar Aleixandre e dirixida a alumnado de 5º e 6º de primaria, titulábase Benqueridos insectos; a segunda, impartida por Jorge Mira a alumnado de 3º e 4º de ESO, Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol.

O noso centro participou este ano por primeira vez nesta aventura que moito desfrutamos. Agora podemos volver vivir esa experiencia nesta ligazón e achegala a quen non tivo a fortuna de nos acompañar naquela xornada de descuberta científico-tecnolóxica.

ACTIVIDADES PROGRAMADAS POLO EDLG PARA REMATAR A 1ª AVALIACIÓN

LUNS 16 MARTES 17 MÉRCORES 18 XOVES 19

Actividade: Contacontos Celso Fernández

2º ESO (3ª hora)

Lugar : Usos Múltiples

Actividade: Rodari

2º e 3º ciclo de Ed. Primaria (11:45 h)

Lugar : Usos Múltiples

Actividade: Babacontos

Ed. Infantil e 1º Ciclo de Ed. Primaria. (14:00 h)

Lugar: Usos Múltiples

 

Actividade: Encontro con Yolanda Castaño

3º ESO (3ª sesión)

Lugar: Usos Múltiples

Actividade: Teatro

3º e 4º ESO (12:30 h)

Lugar: Usos Múltiples Concello

Actividade: Encontro con Yolanda Castaño

4º ESO (4ª sesión)

Lugar: Usos Múltiples

Actividade: Encontro coa escritora Andrea Maceiras

1º ESO (7ª sesión)

Lugar: Usos Múltiples

GAÑADOR@S DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2013

Podedes ver a relación de gañador@s premendo aquí

PARABÉNS!!!

VISITA Á CASA MUSEO MANUEL MARÍA E Á CIDADE DE LUGO

Este mércores 4 de decembro, a partir das 08:45 horas, o alumnado de 3º e 4º de ESO desprazarase a Outeiro de Rei (Lugo) para visitar a Casa Museo Manuel María, o autor que dá nome á sala da biblioteca de secundaria e que foron descubrindo nas últimas semanas a partir da exposición situada no primeiro andar baixo o título "Manuel María. A palabra viva".

Ademais desta visita, o alumnado realizará unha homenaxe poético-floral a Manuel María no cemiterio parroquial do seu Outeiro de Rei natal e deseguido desprazarase á cidade de Lugo para visitar a muralla romana, Patrimonio da Humanidade.

O retorno está previsto para as 18 horas aproximadamente.

Profesorado acompañante: Mercedes Queixas, Pilar Espido e Concha Martínez.

CONCURSO POSTAIS NADAL 2013

Dende o equipo de dinamización lingüística informámosvos do Concurso de Postais (subvencionado polo Concello) que se vai celebrar en colaboración cos diferentes equipos de normalización dos centros educativos do Concello.


Podedes premer aquí para consultar as bases da convocatoria.

IV DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Este próximo martes, día 12, o noso centro sumarase á celebración do IV Día da Ciencia en Galego, organizada desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística.
O alumnado de 5º e 6º de primaria asistirá de 10:30 a 11:30 á videoconferencia impartida pola Doutora Marilar Aleixandre, titulada "Benqueridos insectos", mentres que o alumnado de 3º e 4º de ESO fará o propio coa videoconferencia titulada "Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol" e impartida polo Doutor Jorge Mira de 12:30 a 13:30.


Unha mañá altamente científica e experimental como podedes ver aquí.

CONCURSOS SAMAÍN 2013

O Equipo de Normalización Lingüística vén de convocar o concurso de cabazas e o de relatos de terror. 

Premede aquí para ver as bases.

CERTAME ARTÍSTICO-LITERARIO DAS LETRAS GALEGAS EN "LA VOZ DE GALICIA"

"La Voz de Galicia" publicou o 7 de xuño unha nova sobre a entrega dos premios do Certame Artístico-Literario das Letras Galegas, que se entregaron onte en Usos Múltiples do Concello.

Pódese ver a nova premendo no seguinte enlace.

VÍDEO DA SAÍDA A VIGO

Aquí podemos ver o video resumo da saída que fixemos a Vigo o 14 de maio co alumnado de 3º e 4º ESO e o club de lectura de 2º ESO, para visitar a Fundación Penzol, ter un encontro cos escritores Francisco Castro e Ledicia Costas e  visitar o Museo do Mar.

PROFESORAS ACOMPAÑANTES: Mercedes Queixas, Pilar Espido e Carmen Varela.

Distribuir contido


by Dr. Radut