Skip to Content

Actividades ENL

ACTIVIDADES PARA A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E O MAGOSTO 2021

Na semana lectiva do 25 ao 29 de outubro o CPI Alcalde Xosé Pichel desenvolverá unha serie de actividades para celebrar a festividade do Samaín. Entre elas, están as seguintes:
  • Concurso de portas terroríficas: o alumnado do edificio de Secundaria decorará as portas das respectivas aulas con motivos asociados ao Samaín. Na primeira semana de novembro, o alumnado de Infantil e Primaria fará unha visita ao edificio dos maiores para ver o resultado da actividade e para elixir a porta gañadora.
  • Exposición de patacas e vasoiras decoradas (Primaria) e Exposición de cabazas e vasoiras decoradas (Secundaria): as creacións do alumnado de ambos os edificios expoñeranse en cadanseu vestíbulo durante a semana do Samaín e mais a seguinte (primeira de novembro).
  • Certame de relatos "Ai, que medo pasei apañando as patacas": concurso de contos para o alumnado de Primaria, nos que o tema principal estará vinculado ás patacas, que este ano serven de centro de interese para a meirande parte das actividades que se van desenvolver.
  • Narración de contos de medo: o alumnado de 4º ESO visitará as aulas de Infantil e Primaria para compartir con eles contos, lendas, historias e tradicións asociadas á festa do Samaín.
  • Magosto: o venres 29 haberá degustación de castañas e xogos tradicionais para todo o alumnado do centro.

Ímolo pasar de medo!

Equipos de Dinamización da Lingua Galega e Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares

CONVERSAS CON LEDICIA COSTAS.

O próximo 4 de novembro estará connosco a escritora Ledicia Costas.

Premede na imaxe para ver o cartaz en grande.

CELEBRANDO O SAMHAIN

 

PREMEDE NA IMAXE PARA CONSULTAR AS BASES.

 

CONVERSAS CON LEDICIA COSTAS

O próximo 1 de abril, coincidindo coa celebración da Semana Cultural do centro, estará connosco a escritora Ledicia Costas.

Unha primeira charla-coloquio  xirará arredor da  obra Recinto gris,  lida por todo o alumnado de 1º ESO.

Nunha segunda quenda o encontro será co alumnado do Club  de lectura de 2º, 3º e 4º ESO arredor dunha das últimas publicacións da escritora: Infamia.

 

Todo un pracer tela entre nós !!!

 

CARTEL EN PDF

 

 

CELEBRACIÓN DO NADAL EN SECUNDARIA

No seguinte vídeo podedes ver unha mostra da celebración do Nadal en ESO. Realizáronse diferentes actividades e concursos, como o festival de panxoliñas, decoración do centro, concurso de postais de Nadal, obradoiro de Scrapbooking, degustación de chocolate e larpeira ....

 

GAÑADOR@S CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL (Organizado polo Equipo de Normalización Lingüística)

1º CICLO

Anxo Andrade (1º ESO A)

Sergio Villar (2º ESO B)

Alexandra Couto (2º ESO B)                                                           Parabéns!!!!!

2º CICLO

Lucía Bermúdez (4º ESO A)

Valeria García (4º ESO A)

 

TAMÉN PODEDES VER AS FOTOS NA NOSA GALERÍA.

 

SAMAÍN E MAGOSTO EN SECUNDARIA 2019

O pasado 30 de outubro celebramos o Magosto e o Samaín no noso centro.

Ademais da tradicional degustación de castañas e dos xogos populares, o Equipo de Normalización Lingüḯstica convocou diferentes concursos que podedes ver no seguinte enlace e diversas actividades (premede aquí)

O equipo da Biblioteca tamén organizou un Show Cooking.

PORTAS TERRORÍFICAS GAÑADORAS: 1º ESO A (Annabelle) e 3º ESO A (A clase de papel)

GAÑADORES CONCURSO DE CABAZAS: Alexandra Couto e Sergio Villar de 2º ESO B

Podedes ver unha mostra no seguinte video.

   

 

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA.

O pasado xoves 20 de decembro o alumnado de 3º e 4º ESO desprazouse a Santiago de Compostela para visitar o Museo de Historia Natural e dúas exposicións centradas no pensamento e na obra de Castelao: "Castelao Maxistral", na Cidade da Cultura e "Alba de Gloria" no Panteón de Galegos Ilustres. 

 

Acompañaron o alumnado as profesoras Pilar Espido, Concha Martínez e Mercedes Queixas.

 

 

INTERCAMBIO CO IES OTERO PEDRAYO (A CORUÑA)

Unha das actividades que inician o peche do curso do club de lectura do noso centro é o intercambio co alumnado lector do IES Otero Pedrayo da Coruña. Este ano non ía ser menos e no noso blog permanece en imaxes a lembranza desta estupenda xornada compartida, así como o noso agradecement pola impecábel organización do noso centro amigo lector.

Máis información no blog CORISTRANCA, A LECTURA CON RETRANCA

RECOÑECEMENTO AO NOSO CLUB DE LECTURA

O proxecto do Club de Lectura do noso centro, "Coristranca, a lectura con retranca", acaba de ser recoñecido como un dos mellores da Costa da Morte, xunto co IES Fin do Camiño de Fisterra, e con maior dotación económica, que redundará na mellora da dotación bibliográfica da biblioteca, así como no desenvolvemento dun completo programa de actividades que achegará o libro e a lectura en galego á comunidade educativa.

Como mostra do traballo colectivo que se vén desenvolvendo desde hai 8 anos, cómpre recoñecer a implicación activa dunha parte do profesorado, do alumnado, das familias e mesmo de exparticipantes que seguen a participar no club de lectura presencialmente ou a través das redes dixitais, nomeadamente do blog, que convidamos a visitar.

X XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA

O sábado 17 de xuño unha delegación do club de lectura de secundaria "Coristranca, a lectura con retranca" participou en Compostela na celebración dunha intensa xornada de formación ao longo de todo o día, a X Xornada dos Clubs de Lectura.

Victoria e María, de 2º ESO, xunto con Carla, María e Uxía, de 3º ESO, participaron en diferentes actividades, acompañadas das profesoras Pilar Espido e Mercedes Queixas, que con certeza desenvolverán no vindeiro curso desde o club de lectura.

O noso club foi seleccionado pola asesoría de bibliotecas escolares, xunto a outros catro clubs galegos, para participar nun obradoiro de creación dun programa de libros audiovisual, dirixido por Óscar López.

Parabéns para o equipo de traballo previo -Carla, María e Uxía- e aplausos para a coordinadora, Carla, que defendeu as nosas propostas nun auditorio diante de máis de 1.200 persoas.

Unha síntese informativa e con imaxes podedes visualizala no noso blog e unha galería de imaxes moi completa está xa accesíbel no portal das bibliotecas escolares.

 

A ver se nos atopades!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut