Skip to Content
         Instagram Facebook 

Proxectos de innovación

Pendente de contido

Bolsa de emprego para empresas

O alumnado titulado do noso centro está preparado para traballar na súa empresa. Deixe o seu anuncio aquí e recibirá canto antes os C.V. das persoas candidatas para o posto de traballo.

Cubra o formulario coa información do posto de traballo. Non olvide sinalar unha persoa de contacto na empresa co seu número de teléfono e/ou correo electrónico.

Alumnado en prácticas

Formación en Centros de Traballo

Son prácticas non remuneradas que se desenvoven nun ámbito produtivo real para que o alumnado poda coñecer e comprender a organización sociolaboral dun centro de traballo, completando así a formación adquirida no centro educativo.

Perfil profesional do noso alumnado

  • Enerxía e auga

    • Comercial de instalacións solares

    • Montador/a e responsable de mantemento de instalacións solares térmicas

    • Promotor/a de programas de eficiencia enerxética

    • Técnico de eficiencia enerxética de edificios

    • Xestor/a enerxético

Reclamación contra as cualificacións

Conforme o establecido no artigo 13.4.º do Real decreto 732/1995, do 5 de maio, polo que se establecen os dereitos e os deberes do alumnado e as normas de convivencia nos centros, os alumnos e as alumnas, no caso de seren maiores de idade, ou os seus pais e as súas nais, así como os seus titores e as súas titoras legais, no caso de non selo, po­derán reclamar ante a dirección do centro as decisións e as cualificacións que se adopten como resultado dos procesos das avaliacións finais.

Baixa de matrícula

Logo de iniciadas as actividades lectivas, o centro realizará a baixa de oficio da matrícula cando un alumno ou unha alumna non asistan inxustificadamente á clase durante o resto do curso académico de xeito continuado por un período superior a 15 días lectivos ou, de xeito descontinuo, por un período superior a 25 días lectivos. Para tales efectos, deberá quedar constancia na secretaría do centro da comunicación ao alumno ou á alumna desta circunstancia administrativa.

Anulación da matrícula

Se durante os cinco primeiros días lectivos do curso se observase a inasistencia de determinados alumnos ou alumnas, o centro docente requiriralles por escrito a súa inmediata incorporación nun prazo máximo de tres días contados desde a data de recepción da notificación e comunicaralles que, en caso de non se producir esta, agás causa debida.mente xustificada, se procederá á anulación da súa matrícula. O alumnado tamén poderá solicitar de xeito voluntario a anulación da súa matrícula cunha antelación mínima dunha semana ao remate do período de matrícula.

Solicitude de renuncia da FCT

O alumnado poderá solicitar a renuncia ao módulo de FCT e, xa que logo, á súa avaliación, co fin de non esgotar as dúas posibilidades de matrícula previstas para o réxime ordinario, acreditando alguna das seguintes circunstancias:

Renuncia á matrícula

Co fin de non esgotar as catro convocatorias previstas para cada módulo profesional, poderase renunciar, con carácter xeral, por unha soa vez, á avaliación e á cualificación da totalidade dos módulos profesionais do ciclo formativo en que se formalizase a matrícula, no caso do réxime ordinario, ou de forma parcial no caso do réxime de persoas adultas, sempre que se dea algunha das seguintes circunstancias:

Distribuir contido


by Dr. Radut