Skip to Content

eFoodTour – un proxecto eTwinning do CIFP Manuel Antonio galardonado con Selo de Calidade Europeo

No curso 2015-2016, as profesoras Marina Vicente e Patricia Conde do CIFP Manuel Antonio de Vigo, xunto con cinco profesores máis en Polonia, Italia e Suecia, levaron a cabo un proxecto eTwinning no que participaron cos alumnos do CM de Servizos en Restauración e do CS de Aloxamentos Turísticos.

O dito proxecto, que versou sobre gastronomía e turismo gastronómico, foi galardoado con sendos Selos de Calidade Nacionais en España, Suecia e Italia e ven de ser galardoado últimamente co Selo de Calidade Europeo.

No proxecto, titulado eFoodTour through Europe, traballaron un total de 7 profesores de 5 centros distintos e 4 países europeos empregando o inglés o francés e o español como linguas de comunicación.

 eTwinning converteu as clases de linguas para os alumnos do CIFP dos ciclos de Aloxamentos e Servizos en clases moi activas. Todos mostraron entusiamso e levaron a cabo unha magnífica labor de investigación, creando documentos visuais sobre receitas típicas e festas gastronómicas ben coñecidas que logo publicaron no blogue. Todo os materiais creados polos alumnos dos distintos países para o proxecto, atópanse publicados no blogue     http://efoodtour.blogspot.com



page | by Dr. Radut