Complementarias

Visita ao Complexo Medioambiental de Cerceda (SOGAMA)

O pasado 14 de febreiro de 2012, alumnos e alumnas de Tecnoloxía, Ciencias e Física e Química do noso centro (4º ESO  e 2º de BAC) trasladáronse ata o municipio de Cerceda (A Coruña) para coñecer as instalacións da Sociedade Galega para o Medio Ambiente (SOGAMA)
 

Visita a ESTRELLA GALICIA na Coruña e GADISA en Betanzos

O pasado 6 de febreiro de 2012, alumnos e alumnas do C.S de Xestión comercial e marketing  visitaron as instalacións de GADISA en Betanzos e as de ESTRELLA GALICIA na Coruña.

DÍA ESCOLAR POLA PAZ

O pasado día 30 de xaneiro celebrouse no noso IES o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, que conmemora o aniversario da morte de Mahatma Gandhi.

DIA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

Conscientes da nosa responsabilidade  á hora de xerar actitudes e valores positivos, traballamos de forma decidida e planificada pola redución e eliminación de calquera xeito de discriminación por motivos de diversidade funcional, para evitar mensaxes cunha concepción tópica e limitadora en relación ao mundo da diversidade.

VISITA AO CENTRO LOXÍSTICO DO GRUPO JIM SPORTS EN PALAS DE REI

O pasado 16 de novembro de 2011, alumnos e alumnas da familia profesional de Comercio e marketing (C.S de Xestión comercial e marketing e C.M  de Comercio)  visitaron as instalacións do centro loxístico do grupo Jim Sports en Palas de Rei, dedicado á comercialización de material deportivo co obxectivo xeral de coñecer os sistemas de almacenamento e medios de manipulación utilizados nun almacén robotizado, así como a rede loxística e o funcionamento xeral da empresa.

Distribuir contido