PREMIO Á CALIDADE E INNOVACIÓN EN ORIENTACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL

 

 

 O  IES  As Mercedes acaba de recibir o Premio á Calidade e Innovación en Orientación e Formación Profesional, na variante de F.P, certame organizado polo Ministerio de Educación, onde o noso instituto quedou segundo e ao que concorreron máis de 100 centros de todo o estado. O traballo gañador, “Estratexias para o aforro enerxético en explotacións agropecuarias'', foi realizado por Daniel López Vispo,  profesor de Física e Química e Victor Paz Cortiñas, profesor da familia profesional de Enerxía e Auga, actuando como coordinador do proxecto Alberto Pereira López, tamén da familia de Enerxía e Auga.

 

O galardón foi entregado o pasado 19 de decembro de 2011 na Real Academia de Lexislación e Xurisprudencia en Madrid, nun acto ao que asistiu a Presidenta do Consello Escolar do Estado e que  estivo presidido polo Director Xeral de FP, Miguel Soler Gracia.

O premio está dotado con 15.000 euros, 7.500 para o instituto e outro tanto, para os profesores autores do proxecto, que xenerosamente cederán os cartos ao centro para así poder financiar novos proxectos en curso.