Visita a ESTRELLA GALICIA na Coruña e GADISA en Betanzos

O pasado 6 de febreiro de 2012, alumnos e alumnas do C.S de Xestión comercial e marketing  visitaron as instalacións de GADISA en Betanzos e as de ESTRELLA GALICIA na Coruña.


Os obxectivos destas visitas foron, no caso de GADISA, coñecer a empresa,  a rede loxística, os distintos departamentos e o funcionamento do almacén, mentres que no caso de ESTRELLA GALICIA foi coñecer a historia da empresa, as instalacións e o almacenamento tanto das materias primas como do produto terminado, así como a súa distribución, tanto  a nivel nacional como internacional.

O alumnado estivo acompañado polas profesoras  Dolores Pérez Mouriño.e Carmen Vázquez Castro.

Máis fotos: