DIA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

Conscientes da nosa responsabilidade  á hora de xerar actitudes e valores positivos, traballamos de forma decidida e planificada pola redución e eliminación de calquera xeito de discriminación por motivos de diversidade funcional, para evitar mensaxes cunha concepción tópica e limitadora en relación ao mundo da diversidade.

Con esta finalidade, o pasado día 12 de decembro e por terceiro ano consecutivo, o noso instituto levou a cabo  a conmemoración do Día Internacional (e Europeo) da Diversidade Funcional, que consistiu en:

  1. Deseño e elaboración dunha unidade didáctica de sensibilización.
  2. Traballo de reflexión dirixida e debate nas respectivas titorías.
  3. Mesa redonda moderada polo noso director e na que participaron, ademais do adestrador deportivo e  médico traumatólogo  Mariano Castiñeira,  tres destacados deportistas (todos eles medallistas), como son: María Hilda Rodríguez Rodríguez, Mauro Rodríguez Baliño e Jesús González Margaride.