A SEGUIR PRACTICANDO!

Ola chic@s. O curso vai rematando, xa estamos no mes de xuño!

Por se vos apetece seguir practicando actividades musicais, aquí vos deixo novas propostas. Están secuenciadas por cursos pero podedes escoller!

Lembrade que, voluntariamente,  podedes enviar fotos ou videos curtos ao correo musicacaselles@gmail.com , especificando se dades ou non autorización para a súa publicación.

 

  • Para e déixovos un acompañamento con culleres de " ALUNELUL", unha danza de Rumanía ( a algúns soaralle esta música).

      Unha vez máis, Mª José Sánchez explícavos o que  tedes que facer. Moi atentos porque ides recordar o ritmo de negra ( ta ) e o ritmo de dobre corchea ( titi ). Haberá que facelo primeiro lento e logo rápido.

 

  • Para e , podedes realizar un acompañamento da xogo "CHOCOLATE" ou "CHOCOLALA" que xa volo propuxera hai varias semanas como xogo de mans. Nesta ocasión necesitades mesa, silla e dous lápices ( ou bolis, ou culleres,...). Cada parte da palabra chocolate ten asignado un movemento. No video xa volo explica. Pero, atentos que cada vez vai máis rápido!

 

 

  • Para e déixovos un acompañamento con percusión corporal ( pitos, palmas, rodillas e pés) dunha canción moi coñecida DANCE MONKEY.Trátase de seguir a partitura ( debaixo das figuras aparecen os elementos de percusión que tedes que uilizar). Na parte inferior do video, á dereita, podedes ver como hai que facer.