Ola a tod@s. Comeza unha nova semana! Coma sempre, o primeiro que teño que facer e agradecer a vosa colaboración e participación nas actividades que vos propoño. Durante esta semana irei poñendo enlaces para que poidades ver algúns dos videos que me enviastes. PROPOSTA MUSICAL PARA ESTA SEMANA O próximo domingo é un día moi sinalado, 17 de maio, o día das Letras Galegas! Por iso vos propoño un novo reto : muiñeira en familia. Xa sabedes que a muiñeira é a danza máis representativa do baile tradicional galego. Encantaríame que aprenderades algúns pasos de muiñeira . Déixovos dous videos con dous profes de baile galego para que vos axuden: Un de Luis Prego e outro de Artur Pastoriza Puga. Neste video, Luis Prego vos ensinará 4 pasos ou puntos e dous paseos para bailar unha muiñeira. Neste enlace Muiñeira para os máis pequenos accederedes a un video onde de Artur Pastoriza Puga vos vai ensinar varios pasos de muiñeira e distintas combinacións. As propostas van de menor a maior dificultade. Animádevos, é moi divertido! Tedes esta semana para practicar. Despois, se queredes, mandádesme un video curto cos vosos pasos de muiñeira en familia. O prazo para enviar os videos será o proximo luns 18. (Se tedes algún problema para envialos podedes facelo por we transfer). Déixovos dúas muiñeiras para que practiquedes os puntos. (Cando hai letra, os puntos báilanse na copla). E agora .... unha canción dos Carunchos sobre a nosa lingua " Podes falar en galego" para que cantedes. Ten ritmo de rumba e tamén podedes animarvos a bailala! Premede para ver a letra |
|||