ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/2025

Hoxe , 25 de abril, publicáronse as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido no centro para o curso 2024-25.

Estas listaxes poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios, sito no vestíbulo do centro, ou a través da aplicación informática admisionalumnado ( https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

Contra estas listaxes poderá presentarse reclamación ante o consello escolar durante os 5 días hábiles seguintes á data desta publicación.