ABERTO PRAZO DE RESERVA PARA O CURSO 2024 - 2025

Entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro levarase a cabo o proceso de RESERVA de praza para o curso 2024 - 2025.
Só afecta ao alumnado que cambia de etapa (de 6º de EI a 1ºde EP e de 6º de EP a 1º da ESO) e desexa continuar os seus estudos nos centros adscritos aos que xa está matriculado na actualidade; é decir que desexan reservar praza no CEP Marcos da Portela ou no IES Luís Seoane. .
As solicitudes deberán cubrilas e entregalas no seu centro corespondente (o alumnado de EI, en EEI Fina Casalderrey; o alumnado de 6º de Primaria, no CEP Marcos da Portela).
A entrega deberá facela o pai, a nai, o/a titor/a ou adulto responsable con DNI na conserxería ou secretaria do centro (preferentemente entre as 09:15 e as 11:30 h.)
Dederán aportar a documentación que se solicita no impreso, no apartado "DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA".
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro.

Para máis información consulte o arquivo adxunto.

AdxuntoTamaño
PROCESO DE RESERVA.pdf107.21 KB