FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2023 - 2024

A partir do 20 de xuño de 2023 e ata o 30 do mesmo mes, poderán formalizar a matrícula para o curso 2023 - 2024.

Teñen que realizar este trámite os/as alumnos/as novos/as no centro; é dicir, o alumnado que entra en 1º de EP e o alumnado de calquera outro nivel  procedente doutros centros e que foi admitido no prazo de admisión correspondente.

Deberán presentar a seguinte documentación:

.-Modelo de solicitude que poden descargar do arquivo adxunto e que debe estar asinado polos dous proxenitores, se os houber (sempre que algún deles non perdese a patria potestade)ou polo proxenitor ou proxenitora en caso de familia monoparental, ou titor/titora legal en caso de acollemento.

.-Copia da tarxeta sanitaria.

AdxuntoTamaño
Modelo Anexo III FORMALIZACIÓN COLE.pdf2.69 MB