ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS E PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS

O mércores, día 21 de xuño, entregaránselle ao alumnado as cualificacións do curso 2022- 2023, e as mesmas poderán ser consultadas tamén, polas familias, a través da aplicación ABALAR a partir das 15h do mesmo día.

Segundo a ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do15 de setembro, no que se establecen a ordenación e o currículo da educación
primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa,en caso de desacordo coas cualificacións, a nai, o pai ou as persoas titoras legais do
alumnado poderán solicitar por escrito á dirección do centro a revisión da devandita cualificación ou decisión, no prazo de dous días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a súa comunicación.

O proceso de tramitación e resolución das reclamaións recóllese na citada Orden.