NOVAS DE INICIO DE CURSO 2022/23

As clases darán comezo, para todo o alumnado, o xoves 8 de setembro.

O horario de entradas e saídas do alumnado do colexio, para todo o curso, é o seguinte:

2º, 5º e 6º: Entran ás 9 e saen ás 14.00h. O alumnado de 2º entra pola cancela do patio dos pequenos/as e 5º e 6º pola cancela principal.

1º, 3º e 4º: Entran ás 9.05 e saen ás 14.05h. O alumnado de 1º entra pola cancela do patio dos pequenos/as e 3º e 4º pola cancela principal.

Dende o primeiro día funcionarán os servizos de camiño escolar, transporte, plan madruga e comedor. É importante que calquera cambio nas rutinas, sexa esporádico ou permanente llelo fagan saber ao profesorado titor.

O único alumnado que pode saír só do centro é aquel que está apuntado en camiño escolar ou o que cursa 5º ou 6º, previa autorización da familia.

A maioría das informacións do centro chegaranlles a través da aplicación abalarMóbil, precisarán tela descargada para acceder ás mesmas.

ANPA: Para contactar coa Anpa do colexio (Anpa O Miradoiro) poden chamar ao número 660218220. Aquí lle informarán sobre as axendas escolares, así como das actividades extraescolares que ofrecen para o presente curso.