Novas

UN POEMA NA TÚA VOZ: RESOLUCIÓN DO CONCURSO

Hoxe temos unha nova fantástica!

Xa foi comunicada a resolución do concurso de lectura poética "Un poema na túa voz", convocado por GÁLIX con ocasión do Día Internacional do Libro Infantil.

Foi un concurso que contou con máis de 100 poemas gravados nas voces de rapazas e rapaces das catro provincias galegas, e  temos unha gañadora no noso cole!!!

Ela é Mencía, de 4º B, que resultou vencedora na
categoría de LECTOR AVANZADO.

 Parabéns, Mencía!!!

 Deixámosvos a ligazón para que poidades escoitala. Premede na imaxe.