Skip to Content

O Preguntoiro

PREMIOS PREGUNTOIRO 2024

As nosas chicas do Equipo Preguntoiro organizaron a entrega de Premios Camosiña 2024 aos gañadores do concurso máis molón do ano. A participación , valorada nun 90% foi máxima. O esforzo dos nenos e nenas foi moi bo. Houbo mencións especiais e moitos doces agasallos para estes concursantes tan aplicados. Durante nove semanas fixéronse preguntas semanais nas que o alumnado debía respostar e que logo este Equipo de Nenas correxiu nos recreos dos xoves. MOito traballo de fondo para o obxectivo máis simple: a aprendizaxe dos concursantes acerca dos temas do Cinema na historia, que é a temática do Proxecto do cole.

PREGUNTOIRO 2023-24

Presentámosvos ao novo Equipo do Preguntoiro! Son cinco rapazas de sexto que nos animan a participar no concurso máis molón do ceip da Cruz. As seis deron o pistoletazo de saída a este xogo  que ten un montón de aficcionados. Cada xoves elas correxirán as preguntas. Non vos esquezades de participar, xa que aprenderedes un montón. Xa sabedes que este ano o Preguntoiro está ambientado no cine.......Sabedes moito de cine? Pois animádevos e participade!

PREMIOS PREGUNTOIRO 2023

Como colofón do concurso anual de preguntas acerca da arte, o noso Equipo Preguntoiro de chicas de sexto, deu os premios a todos os gañadores de máis de tres puntos do concurso. Grazas a Camosiña sabemos un pouco máís sobre a arte na Historia. E os doces que nos repartiu aos gañadores e participantes estiveron moi ben .Tamén estivo ben o premio que recibiron as propias chicas do Equipo Preguntoiro pola súa labor todas as semanas correxindo as respostas de todo o colexio. Moi ben Equipo! Grazas e ata sempre!

 

ENTREGA DE PREMIOS DO PREGUNTOIRO

As nosas chicas do Equipo Preguntoiro de Camosiña xa están preparadas para repartir os agasallos polo traballo no trimestre respecto a contestar as preguntas do concurso máis molón do cole. Tras traballar cada semana correxindo as respostas dos rapaces e rapazas que participaban agora tocaba a misión máis divertida que é repartir os premios,. Houbo para todos e todas , xa que o que queremos é non deixar de lado a ningúen. Grazas rapazas polo voso traballo semana tras semana poñendo puntuacións! Sodes estupendas!

PREGUNTOIRO 22-23. COMEZAMOS A AVENTURA!

Comezou a andar o  concurso máis molón do colexio Ceip da Cruz!  Comezou o Preguntoiro ! A  mascota da biblioteca, Camosiña, visitou moitas cidades do mundo e tróuxonos de agasallo un montón de preguntas interesantes para que aprendamos un montón sobre a arte. É que resulta que o tema deste ano é : CruzArte na Historia.  Todas as preguntas van relacionadas coa arte, da que aprenderemos un montón.

Gracias ás chicas do Equipo Preguntoiro por axudarnos nesta misión tan difícil. Consiste en recoller todas as respostas do alumnado e poñelas no taboleiro , tamén en axudar aos nenos cando precisan algo relacionado coa Biblio. Moitas grazas, sodes xeniais!

PREMIOS PREGUNTOIRO : PRIMAVERA 2022

Por fin chegaron os premios do concurso máis molón do colexio! Que ganas tiñamos de saber cal era o premio que Camosiña nos tiña preparado. A participación neste concurso é dun 90%. A maioría dos nenos de primaria participan nel cada semana e xa hai cursos de infantil que se queren unir ao concurso. Coma sempre, o Equipo Preguntoiro de sexto curso foi polas clases repartindo os premios. Houbo premios para todos os que participaron. Foi xenial! Camosiña nunca se esquece de nós e como é moi larpeira.....pois iso, tocaron larpeiradas para todos! Bo traballo rapaces e rapazas!

VIII EDICIÓN DO PREGUNTOIRO DO COLEXIO

Nenos e nenas do colexio do Ceip da Cruz, atención!. Comeza a Segunda Parte do Preguntoiro deste curso 2021-22. Xa está colocada a primeira das dez preguntas que faremos neste trimestre. Xa sabedes, propoñemos  unha cada semana para que vós a resolvades antes do xoves que é o día en  que o Equipo Preguntoiro recolle todas as respostas e coloca as puntuacións no taboleiro de puntos.  ASí que, moito ánimo rapaces e rapazas! A por todas! Xa sabedes que as preguntas están relacionadas coa temática dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ( ODS).  Sodes uns bós detectives? A caza da resposta correcta xa está aquí!

PREGUNTOIRO 2021-2022

Bota a andar o concurso máis molón do cole! Por fin temos Equipo Preguntoiro novo que nos acompañará durante este entretido andar polo mundo do Desenvolvemento Sostible. A nosa mascota, Camosiña, percorreu moitos países para acabar traéndonos preguntas moi interesantes sobre esta temática, que é a do Proxecto Anual. Grazas ao noso Equipo Preguntoiro, Naiara, Luis, Laura, Sara e Olivia, que farán o traballo máis duro deste curso correxindo as respostas , cada xoves e poñendo as puntuacións. Non faltedes á nosa cita cada luns coa pregunta de Camosiña.......seguro sabedes moito sobre Desenvolvemento Sostible! Animo rapaces!

ARRANCA O PREGUNTOIRO

Chega o xogo máis divertido do  cole! Por fin arranca o Preguntoiro! Camosiña levou viaxando polos libros moito tempo e nos trouxo como agasallo un concurso de preguntas acerca do que aprendeu nas súas viaxes. Agora somos nós os que temos que buscar información, en internet, nos libros ou mesmo preguntando nas familias. Este ano temos o equipo de Axudantes de Camosiña: son catro marabillosas rapazas de sexto responsables de que o Preguntoiro saia ben. Moitas grazas ,chicas! Grazas por todo o traballo que realizades! Por certo, aquí vai un deses momentos nos que están a traballar.

Distribuir contido


by Dr. Radut