Skip to Content

As nosas experiencias

VISITA AO INSTITUTO , DE SEXTO

Este venres pola mañá os rapaces e rapazas de quinto e sexto acudiron ao instituto para facer un percorrido de stands onde os maiores lles amosaron moitas cousas: dende experimentos científicos, ata os contidos de  ciencias máis interesantes. Nin que dicir que lles encantou aprender dos maiores. Xa pronto estarán con eles. Moita sorte rapaciños!

 

 

UNHA OCEANÓGRAFA NO COLE

Aproveitando que foi o día da Muller na Ciencia, acercouse ao noso cole unha oceanógrafa incrible. Mantívonos atentos toda a charla, da cal encantounos o momento en que tiñamos que adiviñar os sons dos animais da ciencia. Esta muller animou en especial as pequenas nenas do cole a que non tiveran medo de adentrarse no mundo da ciencia xa que son benvidas ao mesmo, e son igual de válidas que os chicos a pesares das poucas referencias que existen ao respecto de mulleres na historia da ciencia.

 

 

XORNADAS EN TUI SOBRE ODS

Antes de rematar o curso tivemos unha xornada moi especial no colexio de Tui na que participaron moitos centros expoñendo traballos acerca dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, ODS, ao resto de persoas que pasaron polo noso stand.

Foi un traballo moi intenso entre rapaces do terceiro ciclo que tivo como colofón a súa exposición en Tui. Aqui vos amosamos algunas das imaxes para que vexades os seus traballos. AGardamos que vos gusten!

I FEIRA CIENTÍFICA EN SABARÍS.

Ao longo desta mañá os nenos e nenas de sexto acudiron a I Feira Científica do Val Miñor. Nela participaban alumnado do IES Val Miñor e o IES  Primeiro de Marzo. Ensináronlles un montón de cousas e experimentos así como xogos de origami , todo relacionado coa ciencia......E voltaron ao cole encantados amosándonos o que habían aprendido. Así se fai!

I FEIRA CIENTÍFICA EN SABARÍS.

Ao longo desta mañá os nenos e nenas de sexto acudiron a I Feira Científica do Val Miñor. Nela participaban alumnado do IES Val Miñor e o IES  Primeiro de Marzo. Ensináronlles un montón de cousas e experimentos así como xogos de origami , todo relacionado coa ciencia......E voltaron ao cole encantados amosándonos o que habían aprendido. Así se fai!

PLANTACIÓN NO VIVEIRO

Nesta solleira mañá de mediados de decembro desfrutamos da natureza en todo o seu esplendor. Por grupos, o alumnado do ceip da cruz subiu ao viveiro para plantar pequenas sementes e transplantar as pequenas plantiñas que foron crecendo no mesmo.  Descubrimos que hai moitas maneiras de aprender ciencias da natureza, entre elas, vivenciándoa como o facemos neste cole. Desfrutamos moito e contribuimos a un maior desenvolvemento sostible. Grazas Lola por ensinarnos tanto!

Distribuir contido


by Dr. Radut