Co profesor Bruno, os nenos e nenas de Educación Infantil tivemos a oportunidade de poder tocar as diferentes areas das praias do Val Miñor e comprobar as diferenzas entre cada unha delas.
Traballamos co Escornabot a través dun libro da biblioteca relacionado con frutas e verduras e ademais xogamos coa App Faces imake a crear caras divertidas con froitas. Ademais de contacontos, e como non, algo de arte: creamos posavasos con Hamas e creamos cestas de alimentos para coñecer como levar unha alimentación saudable.