Skip to Content

Actividades

BLOGUE PLAN PROXECTA

ACTIVIDADE NA HORTA ABRIL

 De novo tivemos a visita de Diana ao  cole.....Hoxe aprendemos as propiedades da Herba Luisa, valeriana, a lavanda o perixel e entre outras que xa plantamos, tamén incluídas as lufas.

Encántanos todo o que sabe Diana sobre as cousas do horto, ...Que os cultivos deben ser rotatorios, que hai plantacións que deixan nutrientes para os que veñen despois....e moitas cousas máis. Grazas Diana por compartir a túa sabeduría!

CHARLA ALIMENTACIÓN :FROITAS NIEVES

Hoxe veu ao cole unha representante de Froitas Nieves, a explicarnos a importancia dunha boa alimentación, e xa de paso a deixarnos catar froitas ricas con un extra de vitaminas! Encántanos a froita e sabemos que con ela, creceremos sans e felices!

 

REGLAS DE XOGO: CONVIVENCIA NO COLE

BOMBEIROS NO CEIP DA CRUZ

Esta mañá tivemos unha Supervisita.....nada máis e nada menos que a Brigada de servizos de prevención de Incendios.....Si, si, os bombeiros forestais estiveron no patio do cole ensinándonos un montón de cousas: Ricardo ,que é axente ambiental explicou todo o que defendían estes valentes bombeiros, dende as distintas árbores, que se protexen coa cortiza, como a  da sobreira , ata os distintos paxariños que viven nelas, merlos, carrizos, morcegos , picapinos, dos que nos ensinaron niños,....Tamén unha mamá do cole veu con eles: Mayra, que é a emisiorista encargada das mensaxes que hai que xestionar nesta brigada.......Pero que  felices fixeron estes bombeiros aos nenos do cole. Aquí vos ensinamos algúns dos seus momentos estrela!!! GRazas por vir!!  Voltade pronto!!!

EU SON INSPECTOR URBANÍSTICO.

En varias sesións viñeron a presentarnos a todos os nenos e nenas do cole o seu traballo tres inspectoras urbanísticas. Expuxéronnos como traballaban respetando os espazos naturais da contorna. Esta actividade forma parte do Proxecto Terra dentro do Plan Proxecta do cole. Ademáis da parte teórica tamén tiveron unha parte práctica e uns agasallos que lle gustaron moito a todos os rapaces e rapazas. E ti....Que sabes da túa contorna?

CHARLA REVITALIZA

Ao cole viñeron especialistas do programa Revitaliza, relacionado coa reciclaxe e o composteiro. Estamos a traballar con eles no plan Proxecta e por iso ao longo desta mañá fixeron unha parte teórica e outra práctica poñendo en marcha o composteiro. No noso cole xa somos dos tres RRR.!!

HORTO ESCOLAR NO FINAL DE MARZO

Con Diana e Raquel seguimos a traballar no horto en divertidas sesións matutinas nas que aprendemos un montón sobre natureza, animais e froitos. ESta vez fixemos múltiples actividades como identificar os pulgóns que despois as xoaniñas comerán, ver como creceron as nosas plantas, degustar como saben algunhas folliñas e tamén plantamos leituguiñas que crecerán bonitas e a finais de curso levaremos para casa. GRazas Diana, encantanos todo o que nos ensinas!

 

EXCURSIÓN APÍPOLIS.

Este mes de marzo fixemos a excursión máis increíble do mundo. Fomos de visita á cidade das abellas : Apípolis. Nunca imaxinamos que , ademáis de aprender moito destes importantísimos insectos, tamén desfrutamos a máis non poder. Non só aprendemos moito das abellas e a súa forma de vivir, senón que tamén descubrimos a abella raiña, vimos como se facía o mel, e coas nosas propias mans fixemos galletas e unha vela de cera.....incluso nos vestimos de apicultor e entramos no apiario para ver cos nosos propios ollos como se extrae dos panais o mel.....

Foron tantas as experiencias que non podíamos estar máis felices. Grazas Apípolis! Queremos volver pronto!

CEMMA NO CEIP DA CRUZ

Uxía e Mönica traballan no CEMMA de Nigrán.Son bióloga e oceanógrafa, traballan cando hai animais varados, e axudan a fauna ameazada de mamíferos mariños.

O CEMMA é unha ONG galega adicada ao estudo e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia. Uxía e Mónica viñeron a explicarnos moito do seu traballo. Aos pequenos a través dun conto e aos maiores con explicacións máis complexas.  Moitas grazas por vir! Gustounos moito!

Distribuir contido


by Dr. Radut