Skip to Content

O recuncho de Arturo

DEPORTES NO IFEVI DE VIGO

O luns 29 de abril,, o alumnado de 4º,5º e 6º de primaria acudiron ao IFEVI a realizar unha convivencia basada na realización de actividades deportivas. O alumnado de 4º  participou en diferentes modalidades de atletismo: salto de lonxitude, lanzamento de peso, vórtex, 60 metros lisos, 500 metros lisos e relevos de 12 x 60 metros lisos.

O alumnado de 6º competiu nunha Olimpiada de Voleibol, xogando varios partidos en diferentes canchas e gañando a 10 de 12 partidos.

Tato uns coma outros acadaron moi bos resultados e sobre todo disfrutaron dunha xornada especial en compaña de alumnado doutros colexios.

OBRADOIROS DÍA DO LIBRO.

A mañá do 23 de abril sempre é especial no colexio. Esta vez o equipo de biblioteca quixo que fora aínda mellor que a de outros anos. Os nenos foron organizados en equipos de 22 alumnos que ían rotando nunha Ginkana de obradoiros Stem, como o  de Costura, de Contos motores, Chapas, Marcapáxinas e Construccións inxeniosas. Para estos obradoiros os nenos tiñan que usar todo o seu potencial para acabar facendo a tarefa presentada.....Creemos que teñen grandes habilidades e encántanos que o saiban. Aquí van algúns momentos destes divertidos e orixinais obradoiros.

XORNADAS DE ORIENTACIÓN

O xoves 4 de abril o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizaron unha actividade de Oreintación no patio do Centro. sorprendulles moito este deporte que cada vez está máis en auxe. 

Agradecerlle ao Concello a colaboración nesta actividade xa que nos enviaron a dous técnicos moi bos nesta especialidade. De seguro que repetiremos.

 

 

XORNADAS DE ATLETISMO E LANZAMENTO

Durante o mes de marzo o alumnado de 4º de Educación Primaria gozou dunhas  Xornadas de aprendizaxe de atletismo. Aprenderon e practicaron tres disciplinas como a velocidade, salto de lonxitude e lanzamento de peso. As xornadas foron impartidas por adestradores do Clube de ATletismo de Gondomar.

 

BASQUET SEN BARREIRAS

Dende o noso cole apoiamos unha iniciativa relacionada co apoio ás persoas con leucemia no mundo do basket. As nosas queridas familias quixeron colaborar cun donativo que irá a esta causa liderada pola profe Nuria de Baloncesto.  Unha vez máis, grazas , familias!

DÍA DA PAZ 2024

Este 31 de Xaneiro celebramos o Día da Paz. Como moitos anos facemos, acudimos a unha carreira de varios coles do Val Miñor que se celebrou no CPI de Panxón. Foi unha  mañá de convivencia e de emocións xa que todos o noso alumnado puxo a carne sobre o asador. O diñeiro recaudado irá para as familias máis desfavorecidas da zona. Grazas chicos e chicas por poñer todo o mellor de vós.

 

CARREIRA EN BAIONA. PROGRAMA XOGADE.

Despois de moitos aplazamentos polo mal tempo por fin puidemos disfrutar dunha mañá estupenda para celebrar esta famosísima carreira na praia da Ladeira en Baiona. Participaron estudantes de todos os colexios do Val Miñor, foi unha proposta xenial capitaneada polo profe Arturo. Capitaneados por él os nosos queridos nenos e nenas fixeron deporte e demostraron as súas habilidades en atletismo.....e tamén trouxemos algúns diplomas moi merecidos!

O máis importante foron as vivencias, o entusiasmo, o afán de compañerismo, apoio, axuda e tantos valores que aprendemos cos deportes que o profe Arturo nos ensina........Grazas , profe!

XORNADAS MALLÓN-CRUZ 2023

Case terminando as clases fixemos unhas xornadas especiales entre o alumnado do ceip Mallón e o noso: foron unhas olimpiadas xeniais, moi rifadas, por certo, no que os gañadores levaron diploma e medalla. Todo este traballo está encamiñado a favorecer o deporte entre os cativos e abrir o abano de deportes máis alá do futbol que é tan buscado. O alumnado experimentou outros tipos de deportes e fixeron convivencia  cos seus iguais doutros centros. Nin que dicir que tamén o pasaron fenomenal!

 

 

VOLEIBOL NO CEIP DA CRUZ

A semana do 8 ao 15 de maio o alumnado de 4º e 5º recibimos por parte dun monitor, tres sesións de voleibol encadradas dentro do Programa Xogade. Moitos de nós descubrimos un novo deporte que nunca practicaramos , e sinceiramente aínda que ao principio nos pareceu difícil, unha vez que aprendemos os golpeos, as posicións e como se rota no campo, desfrutamos moito deste deporte. Grazas Santi e Arturo por permitir estas sesións. Xa temos un deporte máis para desfrutar na hora do patio.

 

CAMPIONATO PROVINCIAL PONTEVEDRA.

Un orgullo para o noso centro que a alumna Emma Plazuelo este domingo participase na final do Campionato Provincial da zona sur de Pontevedra. Sen practicar atletismo de maneira habitual nin federada en ningún clube, as súas condicións e o seu tesón fixeron que chegase ata aquí.

Noraboa pola gran carreira que fixeches e por ser como eres!!!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut