Skip to Content

Terceiro ciclo

I FEIRA CIENTÍFICA EN SABARÍS.

Ao longo desta mañá os nenos e nenas de sexto acudiron a I Feira Científica do Val Miñor. Nela participaban alumnado do IES Val Miñor e o IES  Primeiro de Marzo. Ensináronlles un montón de cousas e experimentos así como xogos de origami , todo relacionado coa ciencia......E voltaron ao cole encantados amosándonos o que habían aprendido. Así se fai!

I FEIRA CIENTÍFICA EN SABARÍS.

Ao longo desta mañá os nenos e nenas de sexto acudiron a I Feira Científica do Val Miñor. Nela participaban alumnado do IES Val Miñor e o IES  Primeiro de Marzo. Ensináronlles un montón de cousas e experimentos así como xogos de origami , todo relacionado coa ciencia......E voltaron ao cole encantados amosándonos o que habían aprendido. Así se fai!

CHARLA POLICÍA: PLAN DIRECTOR

A Policía de Nigrán estivo no colexio dando unhas charlas do Plan Director. Falaron de Acoso Escolar e tamén , noutra sesión, de Prevención de Incendios Forestais. Foi unha conferencia moi didáctica en que os nenos e nenas aprenderon o importante que é o papel dos observadores nunha situación de bullying, tanto que son tanto ou máis responsables do que acontece no colexio cos abusadores. A través da rede tamén hai moitas situacións non legais que hai que atallar canto antes e avisar aos mestres e a calqueira autoridade.

DÍA DE EUROPA: 9 DE MAIO

O 9 de maio celébrase o Día de Europa, conmemorando a paz e a unidad no noso continente. No noso cole o Departamento de Inglés, a nosa teacher, preparou actividades variadas para este día: dende a exposición dos monumentos, comidas típicas dos países, ata a representación con globos da bandeira de Europa. Gústanos o noso continente e queremos que haxa paz e harmonía nel.   A continuación vos presentamos os traballos feitos polos nenos e nenas......Grazas teacher Espe, por ensinarnos tantas cousas!

BADMINTON NA ESCOLA

Hoxe venres, veu un monitor do Clube Escola Rosalía a facer unha actividade de badminton para 3º,4º,5º e 6º de primaria. A finalidade da actividade foi coñecer e familiarizarse co bádminton, un deporte alternativo o que traballamos aspectos de coordinación e distintas habilidades. Os nenos desfrutaron e pronto poderán ver partidos ou participar neles. Enviaremos aviso ás familias que queiran ir. Grazas Brais pola túa dedicación esta mañán!

FACEMOS SURF!

Nesta solleira mañá de mediados de outubro  os rapaces de 3º,4º,5º,e 6º foron coas Escolas Prado Surf a facer unha práctica coas ondas do mar de Nigrán. E foi realmente unha mañá estupenda. Foi subvencionada entre concello, centro e outra parte a familia,...pèro sen dúbida diredes ao ver as fotos que mereceu a pena. Xulgade por vós mesmos!

Distribuir contido


by Dr. Radut