Skip to Content

Fomento da lectura.

MANUELA CONTACONTOS: LETRAS GALEGAS

Manuela Contacontos veu dende Coruña para facer unha sesión chea de poesía acerca da  homenaxeada neste ano nas Letras Galegas, Luisa Villalta.  Aprendemos acerca do seu mundo ,do ecoloxismo, do feminismo , dela, das súas vivencias e aficcións....Sabedes que era mestra e tamén violinista....e moi , moi especial?

 

 

 

APADRIÑAMENTOS LECTORES. SEMANA DO LIBRO.

Presentámosvos a actividade máis fermosa do noso pequeno e familiar colexio: a dos apadriñamentos e amadriñamentos lectores. Uns momentos máxicos en que cada maior lle le contos a un pequeno, e como agasallo o pequeno regálalle un debuxiño ao seu lector.

As imaxes falan soas acerca da maxia deste momento. Hai que soñar desperto ás veces e si é acompañado moitísimo mellor. Ogallá estes nenos sigan polo camiño da lectura que abre mentes e conquista novos mundos.....

Feliz Semana do Libro!

21 MARZO: DÍA DA POESÍA

Co gallo do Dia da Poesía , 21 de Marzo, dende o Equipo de Biblioteca organizouse unha marabillosa actividade: Búsqueda de Poesía e ovos de chocolate por todo o exterior do centro.

Organizouse de modo que cada maior levaba un máis pequeno de paseo polo exterior do cole a buscar a poesía que previamente os nenos e nenas de terceiro tiñan escondido. ESes poemas logo encherán os distintos espazos do centro de modo que estemos rodeados de poesía!

Nin que dicir que esta actividade fixo as delicias de todo o alumnado , que se quedou con moi bo sabor de boca......sabor a chocolate!!!

 

CONTOS E CARTAS ENTRE PRIMARIA E INFANTIL

Hai un libro no cole, que nos encanta a todos. Sabedes cal é? "Palabras con corazón". Resulta que as palabras son moi poderosas, e temos que coidalas moi ben. Cando estamos enfadados temos que ter coidado co que decimos e cando estamos felices as palabras son marabillosas. Esto sábeno moi ben os chicos e chicas de segundo curso, que acudiron ás aulas de infantil para contarlles esta bonita historia sobre as palabras.

Pero oe nenos e nenas de infantil, non se quedaron atrás, pois para agradecerrle o seu detalle, prepararon con moito agarimo unhas cartas con forma de corazón personalizadas para cada neno .....e profe! Que non se diga que non hai moito que compartir entre as etapas! Sodes fabulosos, meniños!

CONTOS INTER-CLASES

Aos nenos e nenas de cuarto curso encántalles contarlle contos aos máis pequenos. E isto é marabilloso porque.....a quen non lle gusta que lle conten unha bonita historia ensaiada con mimo e agarimo? Pois estas e outras cousas máis son as que se cociñan nas clases dos maiores.....Algúen máis voluntario para escoitar historias?

UN ELFO NA AULA DE 1º

Na aula de primeiro e terceiro pasan cousas especiais.....esta vez é culpa dun elfo, si , deses que fan trastadas antes de contarlle a Papá Noel o ben que se portan estes nenos e nenas......

Esta tradición fixémola nosa para avivar a imaxinación dos máis pekes e así cada un deles puido debuxar ao seu elfo persoal.....ese que durante o nadal os vixiará pero tamén fará trasnadas! Gústanvos os nosos elfos da clase de primeiro? Aquí están.....

 

TODOS MENOS UNO. Un conto para a Inclusión.

Dende o Departamento de Orientación do ceip da Cruz unímonos á proposta do CEE Juan María, e adicamoslle este conto ao día 3 de decembro, no que se da visibilidade a persoas con capacidades diferentes......

Resulta que nun xardín crecía unha planta de chícharos.....Todos se pareciían e vivían tranquilamente....Todos, menos un....Había un guisante que non quería ser como os demáis.......

Que aventuras lle pasarán a este intrépido chícharo? Dádelle clic ao vídeo e averiguarédelo......

Logo ,cada un de vós, creará o voso propio chícharo coas características que vós queirades....A ver qué ideas de chícharos tan chulas saen!Usade a vosa imaxinación! Animádevos!

MIÑA MOCHILA DE EMOCIÓNS: OBRADOIRO DE EMOCIÓNS

Dende o Departamento de Orientación do cole quixemos compartir co alumnado un conto moi especial titulado " A Miña Mochila". Sabiades que todos levamos unha mochila connosco? Unha que non se enche de libros senón de cousas positivas , que che fan sentir feliz e lixeiro coma pompas, e tamén de cousas negativas, coma pedras, que che fan sentir mal. Ti que queres na túa mochila, pedras ou pompas? Pois si é así , escribe cousas bonitas que lle poidas dicir a un amigo!

POEMAS CON MOITA ARTE

Na clase de cuarto de primaria estanse a formar uns lectores e artistas incríbles. Mirade que bonitos debuxos fixeron a raíz dos versos dun fermoso poemario galego. Non vos perdades estas fermosísimas imaxes! Esperemos que vos gusten!

RECUNCHO DAS FAMILIAS

No noso recuncho das familias na entrada do centro podedes desfrutar de diferentes lecturas interesantes para as familias sobre a crianza dos nenos/as e algo de literatura.

 

RECUNCHO DAS FAMILIAS

 

Distribuir contido


by Dr. Radut