Skip to Content

Conmemoracións

MANUELA CONTACONTOS: LETRAS GALEGAS

Manuela Contacontos veu dende Coruña para facer unha sesión chea de poesía acerca da  homenaxeada neste ano nas Letras Galegas, Luisa Villalta.  Aprendemos acerca do seu mundo ,do ecoloxismo, do feminismo , dela, das súas vivencias e aficcións....Sabedes que era mestra e tamén violinista....e moi , moi especial?

 

 

 

FACENDO OS MAIOS NO CEIP DA CRUZ

Os maios son sinal de alegría...adornaron sempre a nosa terra. Poderiamos dicir que cos maios damos o definitivo portazo ao inverno para festexar a primavera....Todos xuntos, traballando en equipo e enchéndoo todo de cor. Por toda a xeografía galega festéxase o primeiro de maio........Elabóranse uns " maios" que son esculturas naturais feitas con fiuncho, flores, margaridas, casca de ovos, de laranxas..etc

Nós no cole, non  quixemos perder a tradición e coa axuda das nosas marabillosas familias, creamos un bonito momento de recordo para todos nós. Encantounos esta celebración.....A máis florida do ano! Grazas familias!

APADRIÑAMENTOS LECTORES. SEMANA DO LIBRO.

Presentámosvos a actividade máis fermosa do noso pequeno e familiar colexio: a dos apadriñamentos e amadriñamentos lectores. Uns momentos máxicos en que cada maior lle le contos a un pequeno, e como agasallo o pequeno regálalle un debuxiño ao seu lector.

As imaxes falan soas acerca da maxia deste momento. Hai que soñar desperto ás veces e si é acompañado moitísimo mellor. Ogallá estes nenos sigan polo camiño da lectura que abre mentes e conquista novos mundos.....

Feliz Semana do Libro!

2 DE ABRIL: DÍA DO AUTISMO

O 2 de abril celebramos o Día sobre a Concienciación do Autismo. No noso colexio estamos a traballar o Proxecto sobre o cine. Por iso non queremos perder a oportunidade de compartir unha chea de películas e series que nos chegaron da man de distintas entidades que  traballan a prol do Autismo.

Invitámosvos a botarlle unha ollada a estas que vos presentamos a continuación. Luces....Cámara....Acción!!!!

 

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Como sabedes, o 8 de Marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Dende o cole fixemos moitas actividades de investigación relacionadas coa pegada da muller no mundo do cine. Atopamos moitas mulleres galegas neste mundo e fixemos investigacións sobre elas que vos amosaremos moi pronto. Paralelamente o alumnado de 1º e 2º preparou un vídeo ilustrativo no que fala do papel da muller neste ámbito. Invitámosvos a todos a que visionedes este vídeo que fixeron con moito agarimo. Bravo rapaces e rapazas. Sodes xeniais!

 

ENTROIDO 2024

Qué alegría, que algarabía, que chegou por fin o Entroido.....pero , iso si, pasado por auga. Por iso tivémolo que celebrar  desta vez sen a presenza das familias. Foi unha festa moi sinxela porque a festa grande será o próximo venres 16 de febreiro.

Nesta festiña vestímonos como quixemos, usando múltiples efectos máxicos e posando a mar de guapos e alegres....xulgade vós mesmos o elegantes que estaba o noso alumnado.....Faltábanos a familia, pero non vos preocupedes, elas estarán na Festa maior do próximo venres......Agardámosvos!

DÍA DA PAZ 2024

Este 31 de Xaneiro celebramos o Día da Paz. Como moitos anos facemos, acudimos a unha carreira de varios coles do Val Miñor que se celebrou no CPI de Panxón. Foi unha  mañá de convivencia e de emocións xa que todos o noso alumnado puxo a carne sobre o asador. O diñeiro recaudado irá para as familias máis desfavorecidas da zona. Grazas chicos e chicas por poñer todo o mellor de vós.

 

ORDES DA MECA CAMOSIÑA

TODOS MENOS UNO. Un conto para a Inclusión.

Dende o Departamento de Orientación do ceip da Cruz unímonos á proposta do CEE Juan María, e adicamoslle este conto ao día 3 de decembro, no que se da visibilidade a persoas con capacidades diferentes......

Resulta que nun xardín crecía unha planta de chícharos.....Todos se pareciían e vivían tranquilamente....Todos, menos un....Había un guisante que non quería ser como os demáis.......

Que aventuras lle pasarán a este intrépido chícharo? Dádelle clic ao vídeo e averiguarédelo......

Logo ,cada un de vós, creará o voso propio chícharo coas características que vós queirades....A ver qué ideas de chícharos tan chulas saen!Usade a vosa imaxinación! Animádevos!

25N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA CONTRA A MULLER

No noso cole temos moi claro que estamos en contra da violencia en xeral , e en especial a que se exerce contra unha muller. No noso cole se respecta. No cole nos coidamos. No cole nos mimamos e crecemos sabendo que a violencia non é válida.

Neste día quixemos conmemorar o 25N cunha andaina ata o viveiro. Foi unha andaina moi especial na que todos levavamos uns dorsais co noso número de participación e cun lema:  "Tratarnos Ben", os de infantil, "Quéreme ben", os de 1º, "Se doe, non é amor", os de segundo, "Non fagas trato co maltrato" en 3º,  "Machismo, tolerancia 0", os de 4º e "Nin golpes que doan , nin palabras que firan," en 5º e 6º.

Baixo estes lemas percorremos un fermoso tramo ata o monte, levando da man aos máis pequenos , de forma que nos sentimos importantes e responsables ......Alí reflexionamos acerca dos nosos lemas , e voltamos moi contentos para o cole.

Encantounos esta celebración, xa que xuntos, somos máis fortes!

Distribuir contido


by Dr. Radut