Skip to Content

Curso 2016 - 2017

FESTA FIN DE CURSO

Esta fin de curso foi unha das máis orixinais que se recordan no colexio. A ANPA organizou unha Festa na que se tivo en conta os traballos dos nenos durante o ano. Así, o Proxecto do Centro este curso fora "A volta ao Mundo", por iso pensaron en facer un Obradoiro de Comidas de todo o mundo, para abrir a mente dos nosos rapaces e que probasen novas receitas e sabores. Todos os nenos que traballaron un continente durante o curso, nesta festa tiveron a oportunidade de realizar unha comida típica do país estudiado: isto foi unha idea integradora no que cole e pais colaboraron con entusiasmo. Grazas a aportación de entidades como Frutas Nieves os rapaces e rapazas fixeron menús con froitas, como as brochetas ou os zumes, e só hai que ver as súas caras e a súa habilidade para organizarse, para darse conta que esta idea foi todo un acerto.

Houbo  música hip-hop, xogos populares, festa africana,é dicir....toda a orixinalidade concentrada no noso colexio! Desfrutamos moito desta festa e como mostra ahí van algunhas fotiños que dan fé disto . Noraboa aos pais e nais que axudaron a que esta iniciativa fora todo un éxito. Grazas a todas as entidades que participaron poñendo Froita , doces, ou auga, e incluso ao concello!!  O listón está alto! Qué nos deparará o curso que vén? 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO: SERRA DA GROBA

Esta saída de Fin de Curso foi espectacular. Coñecemos os sitios máis fermosos da nosa contorna da man dun dos membros do IEM ( Instituto de Estudios Miñoranos): nada máis e nada menos, que o profe Bruno!

Preparou para nós un roteiro que contemplaba a visita ao Cortelliño onde merendarían os máis cativos, que fixeron casi todo o percorrido en bus, mentres que os maiores fixeron unha camiñata de campeóns. Visitamos o alto da Groba e camiñamos entre os cabalos salvaxes ou garranos e as vacas salvaxes, ademáis de disfrutar dunha paisaxe privilexiada. Os maiores visitaron un peculiar museo doutro membro do IEM que rescataba parte da historia desta parte do noso lugar. Descansamos baixo a sombra das árbores do Chan da Lagoa. E xa no Outeiro dos Lameiros, máis especialistas do IEM nos prepararon unha ruta polos principais  e preciados petroglifos , que son os segundos máis grandes de Galiza. Tivemos o honor de recibir unha formación privilexiada por parte de expertos nesta materia, e seguro esta semente agromará en todos nós facendo que valoremos máis a nosa terra.

OBRADOIRO DE COMIDAS DO MUNDO: FIN DE CURSO

Este Fin de Curso foi moi especial: os protagonistas os nenos, que fixeron uns obradoiros gastronómicos relacionados co Proxecto do Centro "A volta ao Mundo". Cada curso participou na elaboración dunha comida típica dun continente, e xunto cos pais e nais fixeron un equipazo de Chefs digno dalgunha estrela Michelín. Logo saborearon todos as comidas realizadas e desfrutaron do xa cociñado. Foi unha xornada moi enriquecedora, no que o descubrimento de novos sabores e receitas foron un estímulo moi positivo para eles! Agardamos repetir! Aqui van as fotos do traballo do noso alumnado! Que rico estaba todo!

PREMIOS PREGUNTOIRO CAMOSIÑA XUÑO

Por fin chegaron os ansiados premios do Preguntoiro de Camosiña deste último Trimestre que versaban sobre Alimentación Saudable. A participación do alumnado foi do 90%. E tamén os premios que tivemos que dar foron moitísimos. Máis da metade do centro foi premiada nalgunha das tres categorías, Primeiro, Segundo ou Terceiro Premio. Houbo nada menos que 42 Premiados e Camosiña foi moi xenerosa con todos eles, por ter participado semana a semana , respostando a preguntas que non sempre eran doadas, pero coas que aprenderon moitísimo.

Aquí van as fotos dos nosos premiados. Noraboa a todos! e tamén aos participantes aos que repartimos caramelos porque o merecían tamén!!!!

 

ACTO NO CONCELLO

Acto de entrega a servicios sociais dos vales de comida adquiridos co que se recaudou na carreira solidaria no CPI de Panxón; aproximadamente 1300€. Participantes: CPI DE PANXÓN, CEE DE PANXÓN, EEI DUNAS DE PANXÓN, CEE JUAN MARÍA e NOS.

XOGOS POPULARES EN NIGRÁN

O alumnado de 3º e 4º de Primaria participou nunha iniciativa dos Proxectos de Normalización de varios centros, na que se organizou unha Xinkana de varios xogos Populares. Os nosos rapaaces pasáronno en grande, conviviron con nenos e nenas doutros centros de Nigrán , traendo as mochilas cargadas de boas experiencias. Agardamos repetir o vindeiro ano!!!

A ZANFONA DE NARDO, NO COLE

Hoxe tivemos a visita especial de Nardo, un mestre xubilado que quixo ensinarnos cantigas cun instrumento moi antigo, que xa se utilizaba no século XI, e se facía mención no Arcipreste de Hita ,no seu libro do Buen Amor. Estamos a falar da Zanfona. Este instrumento foi pasando ao longo dos séculos ata chegar a uns poucos agraciados co don de tocala e de saber construila. Entre todos desfrutamos das historias e do melodioso son deste peculiar instrumento. Aqui quedan os retazos do recordo da visita de Nardo e os seus "amantes", como lle chama aos seus instrumentos, xa que son moitos os que sabe tocar.

EXCURSIÓN A VILLA ROMANA DA TORALLA

Esta semana os alumnos de 3º,4º,5º,e 6º foron de excursión á Illa Romana da Toraia. Na vila Romana de Toralla ademáis dos restos de vivendas atópanse os restos dunha salina da que se extraían o sal para a conservación do peixe. Unha das estancias máis sorpendentes desta villa son as termas privadas que se quentaban mediante un sistema de caldeiros de bronce situados sobre o forno. Todas estas explicacións e outras máis foron dadas por un experto que nos mergullou de cheo no mundo da época Romana. E grazas a que escampou, despois de  dúas semanas chovendo sen parar, poidemos desfrutar mellor da visita.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este 17 de Maio foi unha data moi especial adicada as Letras Galegas que quixemos compartir con todos os pais e nais do colexio a través dun festival no que todos participamos. Puxemos toda a nosa ilusión preparando cantigas, obras de teatro e contos, que tiveron como telón de fondo o homenaxeado este ano, Carlos Casares. Non faltaron detalles, bailes e fábulas que nos fixeran rir. Agardamos que desfrutarades connosco deste Festival compartido. Aquí vai un pequeno resumen das nosas actuacións.

 

VISITA SUSA HERRERA

 

Os contos da famosa autora musical son mundialmente coñecidos e traducidos a moitos idiomas.

Este día tivemos o honor de recibir a súa visita no colexio e pasar unha hora fenomenal desfrutando coas súas cantigas tan animadas e divertidas que a todos nos engaiolaron.......dende os máis pequechos ata os maiores.

Moitas Grazas Susa , por esta visita altruista e marabillosa feita ao noso cole. Agardamos que volvas pronto!!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut