Skip to Content

Curso 2018 - 2019

EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES: VIAXE FIN DE CURSO

Foi a mellor excursión do curso, a máis enriquecedora. Viaxamos en barco, tomamos o fresco dos frondosos bosques das Illas Cíes, catamos as súas cristalinas augas enmeigadas, loitamos contra as gaivotas ladroas de bocatas e merendas, e para finalizar bailamos mentres o barco se acercaba de novo a Baiona, nunha divertidísima "barco-teca"...Son desas excursión que chegan a alma e se almacenan nun trociño de corazón de neno para sempre......

OLIMPIADAS NO CEIP MALLÓN

Foi toda unha xornada mooi deportiva. Todo o alumnado dende  4º a 6º desplazouse ata o ceip de Mallón para disputar unhas Olimpiadas amistosas, nas que xogaron a variados deportes: futbol, baloncesto, balonmnao, e moitos máis.

Ao final os gañadores foron os do noso colexio que viñeron cuns preciosos diplomas de recordo desta mañá saudable e soleada de mediados de xuño.

Grazas ao ceip Mallón pola súa hospitalidade!!!

4º OS MONTES DE NIGRÁN

4º Os montes de Nigrán

APRENDEMOS A XOGAR AO AXEDREZ

Os nenos/as de 6º tiñan moitas ganas de aprender a xogar ao xadrez, polo que fomos á biblioteca a buscar un libro que nos ensinara a xogar. A partires da información do libro fixeron un video para que os demais nenos/as do colexio aprenderan a xogar, e funcionou moi ben. Aquí tedes o resultado: 

OBRADOIRO ELECTRICIDADE

Na época de Nadal, Mariam, a nai de Oliver, fixo un obradoiro de electricidade para os nenos/as de 4º a 6º. Primeiramente deunos unha charla para ensinarnos que era iso da electricidade e como podiamos facer para elaborar un circuito eléctrico. Despois da charla, elaboramos na biblioteca unha postal de nadal e uns adornos para a árbore con luces led e unha pila a través dun circuito. Aquí tedes unhas fotos:

 

MERCACRUZ. MERCAMOS EN CAMOS

A finais do curso pasado os nenos de 5º que agora están en 6º, montaron unha tenda no corredor de primaria para facer diferentes actividades sobre alimnetación e lóxica - matemática. Os nenos/as e nenas foron á tenda a facer a compra para coller os ingredientes dunha recieta, fixeron as contas sobre canto costarían os alimentos mercados, seleccionaron os alimentos según foran de orixe animal ou vexetal; os clasificaron en carne, pescado, lácteos...

ACTIVIDADES XERAIS DO PROXECTO O VAL MIÑOR

Foron moitas as actividades realizadas durante o ano sobre o Proxecto Anual "Coñezamos Val MIñor". Dende visitas ao viveiro de Camos, preto do colexio, visitas das pandereteiras da parroquia, do cabaqueiro do Rosal, dos curros do Val Miñor, charlas do "terrible" que nos falou das bestas do monte. Tamén andainas por Panxón e Monteferro, excursión A Guarda, visita aos asteleiros e Santa Trega. Ademáis, participación no concurso apícola do Val Miñor, no concurso "colebasket" de Nigrán ou de Aqualia. E por suposto os nosos poemas sobre o Val Miñor. Todas experiencias moi didácticas que nos ensinaron moito sobre este Proxecto.

 

PREGUNTORIO SOBRE O VAL MIÑOR

 Aquí están as 30 preguntas que fomos facendo cada semana ao longo do curso e que contestastes a nivel xeral con tanto acerto. Iban relacionadas co proxecto "Coñecendo o Val Miñor" e tamén coa Alimentación. Recordádelas? Saberíades respostar de novo?

 

ABRÁZAME

Este conto sobre o cáctus Felipe encántanos e aos nenos/as de infantil tamén e dan uns abrazos moi ricos!!! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut