Skip to Content

Curso 2019 - 2020

PODCAST LETRAS GALEGAS: RADIO CAMOSIÑA

 

Os mestres do Ceip da Cruz fixemos este podcast co gallo das Letras Galegs 2020, no que o homenaxeado é  Carvalho Calero. Agardamos que vos guste!  Facede clic na imaxe para escoitalo, precisades descargar ivoox. Bicos a todos!

Vídeo e xogo letras galegas

LETRAS GALEGAS 2020-ACTIVIDADES PARA DESCARGAR

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE 6º. ABRIL 2020.

                                         

Acércase o Día das Letras Galegas e os nosos maiores  do cole xa están recomendando os libros que máis lle gustaron.  Mario, Pablo, Irea P. , Irea. N,  Abel e , por suposto a profe Susana, nos dan ideas de que ler nestes días de corentena. Agardamos que as nosas recomendacións vos gusten.

ALUMNADO POLOS ANIMAIS: RECAUDACIÓN BAISENPULGAS

                                                   

A  ASociación Bai Sen Pulgas nos agradece na súa páxina de Facebook, a aportación realizada polos nenos e nenas do ceip da cruz para a súa causa . Por mor desta corentena tívose que pospoñer a visita que nos tiñan programada ao noso centro, para darnos as grazas pola axuda que lle demos co noso Mercadiño de Nadal. Pero aínda que non poideran vir, eles souberon agradecer o noso bonito xesto. Agora xa saben o especiais que son os nosos rapaces e rapazas!!!! Animo Bai Sen Pulgas, estades a facer unha labor moi boa! Apoiámosvos!!!

BICOS DENDE A CORENTENA

Esta vez é Edgar o que nos manda unhas fotiños que nos encantaron. Grazas por acordarvos de nós, encántanos vervos así de ben, así de traballadores, así de guapos!. Aquí vai un novo vídeo recopilación dos vosos momentos neste tempo de corentena. Moitos bicos!

PROPOSTA PARA TRABALLAR A INTELIXENCIA EMOCIONAL: ALUMN@S E FAMILIAS

Como estades amigos e amigas? Hoxe a profe Eva, a nosa orientadora, fixo esta actividade para familias e alumnado.....Ela sabe o que nos gustan os contos, deles aprendemos un montón. Por iso fixo selección dos máis bonitos para mellorar na Intelixencia Emocional.

É que estamos aprendendo un montón convosco e con esta situación. De todo hai que saír máis experimentado.... Facede clic na imaxe e disfrutade da actividade. Moitísimos bicos a todos! Animo!

OS ARTISTAS DO CEIP DA CRUZ

Bo día amigos e amigas! Hoxe a profe Susana ten unha sorpresa para todos nós. Xa sabemos que estades facendo na casa unhas manualidades chulísimas que vos propuxo. Están saíndo uns cadros preciosos!  O que pasa é que sodes uns artistas e por iso a profe Susana vos fixo este vídeo. Agardamos que vos guste. Moito ánimo, e sorte!

 

A CANCIÓN DA CUARENTENA: NAYRA E A LGS

Bó día amigos e amigas. Cómo vai esa cuarentena? Moitos de vós nos explicades que xa tedes moitas ganas de ir ao cole. Por fortuna existen as novas tecnoloxías onde nos podemos ver! Que sorte! 
Hoxe temos para vós un detalle de Nayra que nos manda a canción considerada "himno da cuarentena" signada . A lingua de signos é algo difícil de aprender pero esta compañeira faino fenomenal. AGardo que vos guste. Moitos biquiños!!!

CONTACONTOS : QUIERO UNA MAMÁ ROBOT.

Bo día chicos! Dende a  súa casa ,  a profe Paloma nos preparou un contacontos que sei que vos vai encantar!  Algunha vez pensastes en como sería unha nai robot? Algunha vez intentastes construir unha? Que pasaría si io fixérades? Aquí temos a historia dun neno que fixo ese experimento......Queredes saber como acabou? Pois non vos perdades esta divertida historia da man da nosa marabillosa profe.

Distribuir contido


by Dr. Radut