Skip to Content

Investigacións.

CIENCIA EN MOVEMENTO

Suso e  Andrés son dous científicos moi sabios que se acercaron ao noso cole para ensinarnos un montón de trucos da ciencia. Ambolos dous protagonizan a actividade : Ciencia en Movemento.

Nin que dicir que ámbolos dous fascinaron a todo o alumnado cos aparellos casi máxicos que nos trouxeron: vimos hologramas e un montón de trucos  de ciencia. Estiveron dúas mañás no cole e os nenos e nenas quedaron encantados cos seus experimentos. Moitas grazas por vir! Queremos repetir!

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Como sabedes, o 8 de Marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Dende o cole fixemos moitas actividades de investigación relacionadas coa pegada da muller no mundo do cine. Atopamos moitas mulleres galegas neste mundo e fixemos investigacións sobre elas que vos amosaremos moi pronto. Paralelamente o alumnado de 1º e 2º preparou un vídeo ilustrativo no que fala do papel da muller neste ámbito. Invitámosvos a todos a que visionedes este vídeo que fixeron con moito agarimo. Bravo rapaces e rapazas. Sodes xeniais!

 

I FEIRA CIENTÍFICA EN SABARÍS.

Ao longo desta mañá os nenos e nenas de sexto acudiron a I Feira Científica do Val Miñor. Nela participaban alumnado do IES Val Miñor e o IES  Primeiro de Marzo. Ensináronlles un montón de cousas e experimentos así como xogos de origami , todo relacionado coa ciencia......E voltaron ao cole encantados amosándonos o que habían aprendido. Así se fai!

I FEIRA CIENTÍFICA EN SABARÍS.

Ao longo desta mañá os nenos e nenas de sexto acudiron a I Feira Científica do Val Miñor. Nela participaban alumnado do IES Val Miñor e o IES  Primeiro de Marzo. Ensináronlles un montón de cousas e experimentos así como xogos de origami , todo relacionado coa ciencia......E voltaron ao cole encantados amosándonos o que habían aprendido. Así se fai!

OBRADOIRO DE XADREZ

Mauro , un gran campeón do Xadrez veu ao noso cole en varias ocasións para ensinarnos a todos os trucos do xogo do Xadrez. É un xogo de estratexia e de anticipación no que hai que saber usar moi ben cada peza para poder gañarlle ao contrincante. Un xogo concienzudo, un xogo moi didáctico que todos estamos desexando aprender....MOitas grazas Mauro pola túa adicación e tempo!

INVESTIGAMOS E EXPOÑEMOS SOBRE AS ABELLAS. E. INFANTIL.

Os nenos e nenas de cinco anos do ceip da Cruz estiveron a investigar acerca das abellas e quixeron compartir cos diferentes cursos os seus coñecementos. Respetando a distancia de seguridade , fixeron unha posta en común de todas as curiosidades acerca das abellas: sabiades que nun día poden poñer ata dous mil ovos? Estas e moitas cousas máis aprendemos todos destes increibles animais.  GRazas chicos e chicas pola información tan ben exposta!

INVESTIGACIÓNS SOBRE A CONTAMINACIÓN: ODS

Os maiores do colexio empezron hoxe a investigar sobre a contaminación.Deron os primeiros pasos a través de dous libros que a mestra trouxo do Nigrán de hai 100 anos, e outro sobre os antigos tranvías. Cantas diferencias observamos entre a paisaxe daqueles tempos e a de hoxe......Que pasou nas nosas praias? A que se debe tanto cambio? Terá algo que ver a contaminación? Estas e outras preguntas estiveronse facendo os nenos e nenas ao mesmo tempo que ían desñando unha presentación para a súa investigación. Así se traballa!

ALFIN SOBRE AS ABELLAS: EDUCACIÓN DOCUMENTAL

O alumnado de 3º e 4º estivo a traballar con moito entusiasmo, a raíz da súa visita a Apípolis, acerca da vida das abellas. Eses seres minúsculos pero tan importantes para o desenvolvemento sostible, foron obxecto de investigación por parte do alumnado, que fixo uns preciosos lap-books como resume do seu traballo de investigación. Despois, respetando as medidas de seguridade transmitiron aos máis pequenos todo o que aprenderan deses interesantes bichiños. Agora tócalles aos máis pequenos coller o testigo e seguir estudando. Moi ben rapaces! Bo traballo!

CORREO INTERCENTRO: INFANTIL 5 ANOS

Os peques-grandes de 5 anos decidiron pedir axuda aos compis de 3º e 4º para seguir investigando sobre as abellas. Para elo, antes de nada, repasamos a estructura dunha petición e practicamos así o uso dunha lectoescritura funcional. Logo , mediante unha votación democrática escollimos as cores do folio e do sobre. Fixemos posta en común sobre preguntas raras e curiosas que nos faciamos sobre as abellas e a súa produción de mel e unha vez anotadas, mans a obra.

Chívannos que os compis de 3º e 4º xa saben moito despois da súa visita a Apípolis. Así que......xa sabedes! Que marabilla e que importante poder comunicarnos e axudarnos aínda na distancia social.....a emoción é moita!

EDUCACIÓN SOSTIBLE, INVESTIGACIÓN SOBRE AS ABELLAS

Que sorpresa! Que visita tan inesperada tiveron os maiores de infantil do cole! Descubriron nada máis e nada menos que unha abella ! Puxérona na súa lupa xigantesca e nin curtos nin perezosos puxéronse a investigar sobre as abellas........Foron a biblio a buscar libros sobre elas....e preguntarán nas familias datos,....Todo está preparado para que bote a andar outro episodio de investigación sobre os animais que máis axudan a que o noso medio sexa máis sostible....Animo rapaces! Encántanos vervos traballar! Ben feito! Adiante!

Distribuir contido


by Dr. Radut