Skip to Content

ESCOLAL MUNICIPAL DE TEATRO 2021

  Estes días vense de publicar na web do Concello de Nigrán a apertura da Escola Municipal de Teatro de Nigrán e queremos compartir convosco a información para que pasedes a información ás vosas familias. 
 
        Enviamos adxunto un cartel, información sobre a inscripción e o enlace ao vídeo promocional da escola. 
 
       Importante: aínda que remate o prazo, se hai algunha/ún interesada/o no voso centro, poden poñerse en contacto co Concello de Nigrán ou enviar un correo a grupoteatroar@gmail.com
 
 

MENÚ DECEMBRO 2021 SEN OVO

MENÚ DECEMBRO SEN GLUTEN

MENÚ DECEMBRO 2021 XUNTA.

PLANTACIÓN DE SEMENTES NO VIVEIRO

Hoxe tivemos a sorte de subir ao Viveiro para traballar con Lola, Ana, e os compañeiros de Avelaíña, que viñeron a axudarnos para sementar o que recollemos a última vez . Despois de gardar na neveira as sementes nunha bolsa con serrín, estas , agromaron e chegoulles a hora de plantalas xunto co compós que tiñamos preparado. ASí que nin curtos nin perezosos, os nosos rapaces e rapazas puxéronse a sementar con moita ilusión. Terá que pasar tempo para que a arboriña crezca e logo poder transplantala ao monte. GRazas Lola, Ana e aos chicos e chicas de Avelaíña. Encántanos as ciencias naturais así vivenciadas!!!!

ALFIN SOBRE AS ABELLAS: EDUCACIÓN DOCUMENTAL

O alumnado de 3º e 4º estivo a traballar con moito entusiasmo, a raíz da súa visita a Apípolis, acerca da vida das abellas. Eses seres minúsculos pero tan importantes para o desenvolvemento sostible, foron obxecto de investigación por parte do alumnado, que fixo uns preciosos lap-books como resume do seu traballo de investigación. Despois, respetando as medidas de seguridade transmitiron aos máis pequenos todo o que aprenderan deses interesantes bichiños. Agora tócalles aos máis pequenos coller o testigo e seguir estudando. Moi ben rapaces! Bo traballo!

TRABALLAMOS CON MR LUPO NO COLE

Hoxe tivemos o honor no cole de contar cun arquitecto de moito prestixio coñecidio internacionalmente como Mr Lupo, que deseñou o sistema Lupo para centros escolares. Este arquitecto está en proceso de deseñar a nosa escola bosque, é dicir abrir á natureza o noso colexio. Mr Lupo, ademáis desenvolverá cos nenos de 3º e 4º unha maqueta do cole no que non faltará detalle algún. Estamos ansiosos por comezar e demostrar de todo o que somos capaces. Grazas pola túa visita! 

PRIMEIROS AUXILIOS NO CEIP DA CRUZ

Na clase de 3º e 4º estanse aprendendo cousas moi moi interesantes. A que non sabiades que aqui estudan posibles futuros enfermeiros e enfermeiras? Pois hoxe descubrimos que moitos destes nenos e nenas teñen moita madeira para ser quen de dar os primeiros auxilios a persoas que perden o coñecemento. Son quen de conquerir a Posición Lateral de Seguridade entre outras cousas, para poder auxiliar a calqueira afectado que precise desta maniobra. Foi xenial esta sesión de Primeiros Auxilios. Encántannos saber máis!

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA: 20 NOVEMBRO

Este 20 de novembro celebramos os día dos Dereitos da Infancia. No cole pedímoslle axuda ás familias. Quixemos que os maiores lle deran unha bonita mensaxe aos nenos de hoxe. Plasmamos estas ideas das familias en bonitas tarxetas que están expostas á entrada do cole, e que poden ver as familias si así o  desexan. Tamén repartimos viñetas de Frato ( Francesco Tonucci) nas que fai reflexión sobre a necesidade de avanzar no respeto desta parte tan importante da nosa vida, os primeiros pasos nela........

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro cada nen@ do C.E.I.P da

Cruz aportou unha camiseta de violencia 0.

Porque todos:

      XOGAMOS NO MESMO EQUIPO, todos

somos iguais.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut