Skip to Content

MENÚ BASAL XUÑO

VISITA AO IES VAL MIÑOR

O  alumnado de sexto curso acudiu durante esta xornada ao IES Val Miñor para facer unha convivencia e acercamento ao mundo do Instituto. O alumnado e profesorado do IES Val MIñor volcáronse por completo en animalos e quitarlle os medos e prexuizos negativos que levaban. Tiveron un pequeno concerto, xogaron na bibliotecca e aprenderon na aula de polos creativos así como no laboratorio do instituto. Fixeron un percorrido por todo o centro, sempre guiados polo orientador Eduardo, así como pola xefa de estudos do mesmo.

Agradecemos ao profesorado e alumnado todo a súa iniciativa. Esencial para estos futuros  alumnos e alumnas!

 

 

EXPOSICIÓN MAQUETAS DO RELEVO

O alumnado de 4º curso estivo a traballar nunhas interesantes maquetas acerca do relevo. Ao rematalas expuxéronas ao alumnado de 2º, ao que lle encantou o traballo. Ben feito, nenos e nenas!

 

EXCURSIÓN A CORAZÓN DE CARBALLO

Se  hai un lugar que nos encante no colexio , ese está en Tomiño, e chámase Corazón de Carballo. Alí os máis pequenos do cole foron moi felices durante un día. O segredo está en todos os animaliños que alí nos recibiron, o primeiro, Tuco, un can moi intelixente que non só coida das ovellas senón que se deixa dar mimos. Ademáis de Tuco, estaban  a galiña Chicoleta, a ovella oreo, o galo Pinto, o coello Alicia,  Francesco o pato, a cabra Kinder, o pini Mai e maila ovella líder Velcro......

Todos os nenos e nenas foron moi felices acariñándoos, e aínda que ao principio daba algo de medo, logo resultou que lles encantou facerlles aloumiños. Nin que dicir que queremos voltar moi pronto!

CIENCIA EN MOVEMENTO

Suso e  Andrés son dous científicos moi sabios que se acercaron ao noso cole para ensinarnos un montón de trucos da ciencia. Ambolos dous protagonizan a actividade : Ciencia en Movemento.

Nin que dicir que ámbolos dous fascinaron a todo o alumnado cos aparellos casi máxicos que nos trouxeron: vimos hologramas e un montón de trucos  de ciencia. Estiveron dúas mañás no cole e os nenos e nenas quedaron encantados cos seus experimentos. Moitas grazas por vir! Queremos repetir!

OBRADOIRO O PRINCIPIÑO.

Os nenos e nenas de terceiro prepararon para os máis pekes do cole unha sesión relaciconada coa película de animación "O Principiño".  Tamén versionaron a través dun teatriño unha adaptación desta novela, e a teatralizaron para deleite de todos os alí presentes.

Logo fixeron unha dinámica organizando distintas estacións: a de debuxo, a de  acuarela, puzles, rotótica e creación de contos. Como no cole temos uns alumnos marabillosos esta  actividade encantoulles! Grazas ao Principiño!

 

 

MANUELA CONTACONTOS: LETRAS GALEGAS

Manuela Contacontos veu dende Coruña para facer unha sesión chea de poesía acerca da  homenaxeada neste ano nas Letras Galegas, Luisa Villalta.  Aprendemos acerca do seu mundo ,do ecoloxismo, do feminismo , dela, das súas vivencias e aficcións....Sabedes que era mestra e tamén violinista....e moi , moi especial?

 

 

 

WONDER: KAHOOT

 

FACENDO OS MAIOS NO CEIP DA CRUZ

Os maios son sinal de alegría...adornaron sempre a nosa terra. Poderiamos dicir que cos maios damos o definitivo portazo ao inverno para festexar a primavera....Todos xuntos, traballando en equipo e enchéndoo todo de cor. Por toda a xeografía galega festéxase o primeiro de maio........Elabóranse uns " maios" que son esculturas naturais feitas con fiuncho, flores, margaridas, casca de ovos, de laranxas..etc

Nós no cole, non  quixemos perder a tradición e coa axuda das nosas marabillosas familias, creamos un bonito momento de recordo para todos nós. Encantounos esta celebración.....A máis florida do ano! Grazas familias!

O RAP DE SEXTO. CONTRA O BULLYING

O  2 de abril é o día contra o Bullying. Os rapaces e rapazas de sexto curso, xunto cos de quinto , quixeron dar unha nota marchosa para falarnos do que non debe acontecer nas nosas aulas. Non queremos acosadores nen acosados, se hai algún problema, hai que falalo de contado.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut