Skip to Content

FESTA FIN DE CURSO

Esta fin de curso foi unha das máis orixinais que se recordan no colexio. A ANPA organizou unha Festa na que se tivo en conta os traballos dos nenos durante o ano. Así, o Proxecto do Centro este curso fora "A volta ao Mundo", por iso pensaron en facer un Obradoiro de Comidas de todo o mundo, para abrir a mente dos nosos rapaces e que probasen novas receitas e sabores. Todos os nenos que traballaron un continente durante o curso, nesta festa tiveron a oportunidade de realizar unha comida típica do país estudiado: isto foi unha idea integradora no que cole e pais colaboraron con entusiasmo. Grazas a aportación de entidades como Frutas Nieves os rapaces e rapazas fixeron menús con froitas, como as brochetas ou os zumes, e só hai que ver as súas caras e a súa habilidade para organizarse, para darse conta que esta idea foi todo un acerto.

Houbo  música hip-hop, xogos populares, festa africana,é dicir....toda a orixinalidade concentrada no noso colexio! Desfrutamos moito desta festa e como mostra ahí van algunhas fotiños que dan fé disto . Noraboa aos pais e nais que axudaron a que esta iniciativa fora todo un éxito. Grazas a todas as entidades que participaron poñendo Froita , doces, ou auga, e incluso ao concello!!  O listón está alto! Qué nos deparará o curso que vén? 



page | by Dr. Radut