Skip to Content

PREGUNTOIRO 2021-2022

Bota a andar o concurso máis molón do cole! Por fin temos Equipo Preguntoiro novo que nos acompañará durante este entretido andar polo mundo do Desenvolvemento Sostible. A nosa mascota, Camosiña, percorreu moitos países para acabar traéndonos preguntas moi interesantes sobre esta temática, que é a do Proxecto Anual. Grazas ao noso Equipo Preguntoiro, Naiara, Luis, Laura, Sara e Olivia, que farán o traballo máis duro deste curso correxindo as respostas , cada xoves e poñendo as puntuacións. Non faltedes á nosa cita cada luns coa pregunta de Camosiña.......seguro sabedes moito sobre Desenvolvemento Sostible! Animo rapaces!



page | by Dr. Radut