Skip to Content

OBRADOIRO DE ARTE

Laura e Andrea viñeron ao noso cole a facer un obradoiro de arte, como colofón ao noso proxecto anual sobre a arte. Trouxeron unha paleta de moitas cores, impresionantes cores, que tanto rapaces como nais poideron utilizar para facer as súas creaccións artísticas. Quedaron uns traballos moi bonitos, aínda que o máis importante foi o desfrute durante o proceso creativo, foi relaxante, didáctico e moi interesante. Grazas Laura e Andrea por compartir connosco a vosa arte. Xa vedes que somos uns artistiñas!

NAVEGA CON RUMBO

Tivemos no colexio unha charla na que nos amosaban os segredos de internet. Como non hai que fiarse de todo o que alí ven escrito. Como moitas redes sociais son para maiores de 18 anos. Como pode ocurrir que persoas se fagan pasar por outras. Tamen aprendemos que hai que ter moito coidado co que se escribe xa que queda para sempre na nube e non hai maneira de borralo. En fin, aprendemos todas as precaucións que hai que ter sempre que se navega por internet.

 

 

TAPICES NA AULA DE 1º

 

DONAS DE SI. AUTOR E ILUSTRADORA

Tivemos a visita no cole da ilustradora Tania Solla e do autor Kike Mauricio. Son os autores da colección Mulleres galegas, de Lela Edicións. Foi unha sesión moi interesante onde ademáis de aprender un montón de cousas acerca da vida de Frida Khalo, nos fixeron un agasallo como o de ensinarnos a debuxar. Kike e Tania fixeron as delicias dos nenos coas súas anécdotas, e cos debuxos tan ben feitiños desta ilustradora. Nós temos no   cole unha boa colección dos seus libros de distintas biografías, e foron tan amables de adicarnolos con debuxiños ben bonitiños. Grazas Tania e Kike! Somos artistiñas!

HORTO ESCOLAR: DERRADEIRA SESIÓN

Hoxe visitáronnos por última vez no que queda de curso Diana e Raquel, de Somos Terra. Cantas cousas nos explican! Canto saben da natureza, da horta, dos cultivos,.....grazas a elas temos un horto cheo de vida no ceip da cruz! Neste día, coma sempre, aprendemos un montón: probsmos leitugas, cheiramos follas aromáticas, fixámonos nos bechiños que son tan importantes para que o ciclo da vida funcione, incluso vimos un niño na árbore do cole! Grazas Diana e Raquel por tanto que nos trasmitides!  Ata o próximo curso!

 

 

CAXOTO CONTACONTOS

Nesta semana das Letras Galegas 2023 tivemos a visita de Caxoto. Contounos de forma moi amena e divertida acerca da vida do homenaxeado este ano, Francisco Fernández del Riego. Tamén nos ilustrou con datos dos anteriores homenaxeados. Pasamos un bo rato entre anécdota e anécdota,e de paso, coma sempre, aprendemos un montón!.  Grazas Caxoto pola túa dedicación!

 

OBRADOIRO DA VOZ

   

Damián Alonso, de Solo Voz, doblador de pelíulas e experto en comunicación oral, fixo un obradoiro aberto a familias no que practicaron formas de contar contos. Foi unha sesión superinteresante xa que hai moitos trucos para chamar a atención dos oíntes, e todos esos trucos sábeos Damián. Ademáis pasámolo fenomenal! Grazas Damian.

NOVA MASCOTA CONTACONTOS: ORBIL

Hoxe veu á clase de segundo unha nova mascota contacontos chamada Orbil. Ë un lobezno algo mentirán pero que disfruta contandolle contos aos máis pekes......ESta vez o conto elexido foi "Tragapalabras". Nunca vos pasou que por medo, vos tragades as palabras? Foi o que lle aconteceu á protagonista deste libro, ata que un día deixou de tragalas e botounas fóra......

MENÚ XUÑO XUNTA

BOMBEIROS NO CEIP DA CRUZ

Esta mañá tivemos unha Supervisita.....nada máis e nada menos que a Brigada de servizos de prevención de Incendios.....Si, si, os bombeiros forestais estiveron no patio do cole ensinándonos un montón de cousas: Ricardo ,que é axente ambiental explicou todo o que defendían estes valentes bombeiros, dende as distintas árbores, que se protexen coa cortiza, como a  da sobreira , ata os distintos paxariños que viven nelas, merlos, carrizos, morcegos , picapinos, dos que nos ensinaron niños,....Tamén unha mamá do cole veu con eles: Mayra, que é a emisiorista encargada das mensaxes que hai que xestionar nesta brigada.......Pero que  felices fixeron estes bombeiros aos nenos do cole. Aquí vos ensinamos algúns dos seus momentos estrela!!! GRazas por vir!!  Voltade pronto!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut