Skip to Content

Curso 2019 - 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 O 25  de Outubro celebramos o día das Bibliotecas Escolares. Coma sempre, o noso embaixador deste acto foi o personaxe de Shakespeare que nos guiou durante toda a celebración que fixemos e que nos gusto moito.

Como inauguración o alumnado de primeiro e segundo representou o poema de Liliana Cinetto, "Amor en la biblioteca", ao que aplaudimos encantados.  A continuación, o alumnado de 5º  nos leu o conto de BiblioBurro. Entre todos fixemos unha posta a punto de cantas ventaxas ten un Robot e as que ten un Burro. "Robot vs  Burro" E argumento tras argumento fomos chegando a conclusión de que os dous poden chegar a ser moi útiles! 

Para terminar o acto, o noso querido personaxe de Shakespeare repartiu os retos anuais que terán que levar a cabo nas distintas titorías: cada curso terá que investigar acerca dun tipo de robot: médicos, industriais, tecnolóxicos...etc

Así que......mans a obra! Xa temos traballo para este curso!

NA PROCURA E CONSERVACIÓN DE SEMENTES

 

 

Volvemos ao monte: para recoller sementes e identificar árbores. Investigaremos acerca do bidueirio, carballo, a cerdeira, a abeleira, o castiñeiro e a nogueira.  Descubrimos que hai un paxaro da familia dos corvos, chamado Gaio, que come landras, vainas gardando e escondendo. Faino con máis de 5.000 landras. Tamén hai ratos que moven landras dun lado para o outro. As que quedan, convertiranse en  robustos carballos.

Entre todos nós, imos axudar ao monte a que crezcan máis carballos. Para elo imos recoller landras  grandes , que non estén secas nin con grietas. Nun tempo facíase pan con elas: desfacíanas na auga e as moían,,,...hoxe en día pódese facer pan, hamburguesa ou galletas con elas.

Tamén falamos da importancia dos cogomelos que axudan a descompoñer restos mortos de árbores e convírtense en nutrientes que axudan ás árbores. As setas absorben auga e pásanlla á árbore, que fabrica azucar que beneficia aos cogomelos. O ser vivo máis grande do mundo é un cogomelo que está en Canadá.

Creo que todos estamos dacordo en que a xornada foi unha clase de ciencias da natureza in situ, aprendendo e vivenciando a importancia da natureza , fomentando o respeto hacia ela.Todos os nenos e nenas do colexio levamos para as nosas neveiras unhas sementes que estarán uns meses conservándose ata que ,para o ano que vén, voltemos para plantalas no monte. Encántanos estas experiencia!

 

OBRADOIRO DE ESENCIAS NATURAIS

Alejandra veu ano noso colexio para falarnos de plantas moi especiais. O romero que nos alivia as dores, a menta, a albhaca, herba Luisa, Cilantro, que en Portugal é de múltiples usos, e a Citronella.....son ambientadores naturais, esencias que fan do olfato as mil delicias e que moitas teñen propiedades curativas.

 

Hoxe estivemos estudiándoas e identificándoas polo seu olor, e para finalizar fixemos uns ambientadores para as nosas casas moi bonitos. Graciñas Alejandra, aprendemos un montón!

 

RUTA XACOBEA POLO AUTISMO

Esta mañá de venres todo o alumnado do Ceip da Cruz fixo un tramo da ruta Xacobea en prol do  Autismo.

Fixémolo  acompañados de moitos colexios máis, ceip Mallón , ceip Humberto Juanes, Cee Juan María, Fundación Menela e Fundación Avelaíña.

Trátase de dar visibilidade ao autismo, e compartir con estas persoas especiais vivencias que nos fan crecer interiormente como adultos tolerantes e respetuosos coa diversidade.

Encantounos o recital do equipo de Menela, que cantou a canción de Julieta Benegas "Si tu quieres andar conmigo" e que todos acompañamos entusiasmados. Porque sí, queremos camiñar xuntos nesta vida que é unha para todos, queremos avanzar xuntos nun futuro máis inclusivo e preparado para todo tipo de persoas....porque a todos nos pode pasar, porque todos merecemos un lugar no mundo ,e queremos que ese sitio sea o máis bonito posible.

A próxima, ata Compostela!!

TRABALLO NO VIVEIRO

Neste comezo de outubro o alumnado de quinto e sexto adicou un tempo da xornada a ir ao Viveiro no que plantamos o curso pasado, para arranxalo e adecentalo: arrincarlle as malas herbas, poñer máis follas nas raíces e facer limpeza en xeral do noso lugar que con tanto mimo preparamos.  Levamos toda clase de útiles, materiais para sachar e para limpar, luvas, e deixámolo todo moi bonito. Bo traballo compañeiros!

ROBOTIZANDO O CEIP DA CRUZ

"Robotizando o Ceip da Cruz" é o noso novo Proxecto Anual. Temos no colexio instaurada unha Aula Maker onde os nosos alumnos e alumnas deron o pistoletazo de saída ao proxecto coa realización destes orixinais robots.

Fixéronos con moita dedicación e imaxinación. Agardamos que vos gusten!

DÍA CONTRA CAMBIO CLIMÁTICO

 

O 24 de outubro celébrase o Día contra o Cambio Climático celebración instaurada pola ONU dado os estragos que está a producir no planeta.  Son as novas xeracións as que loitan máis activamente para que recuperemos costumes que axuden ao planeta a sair dunha espiral de autodestrucción. Moi coñecida é neste ámbito, Greta  Thunberg, a nena con autismo que reclama xa dende a ONU a necesidade de salvar ao noso planeta.

Por iso a teacher Espe, traballou co seu alumnado este tema na área de Science, e os resultados foron nenos e nenas moito máis concienciados da necesidade de traballar a prol da conservación do planeta.

PRIMEIROS PASOS NA BIBLIO ESCOLAR

A biblioteca Escolar da os seus primeiros pasos: Os máis pequeniños, de Infantil fan o primeiro préstamo do curso, os maiores previa formación de usuarios fan unha posta a punto da biblio colocándoa e ordeándoa para que esté bonitiña nestes primeiros días do curso 2019-2020. Tamén comezamos a ler "Yoko alborota la escuela" neste marabilloso espazo máxico que é a nosa querida biblioteca!

FESTA COMEZO CURSO 2019-20

Hoxe tivemos a Festa de Comezo de Curso 2019-20 no colexio.

Este ano celebramos as Graduacións dos máis pequechos e grandes do colexio a principio de curso. Tamén despedimos a unha mestra moi especial para todos nós: a profe Lucía, que quixemos por tanto cariño que nos adicou a todo o alumnado e profesorado do centro.Sempre estará nos nosos corazóns porque cando alguén deixa unha semente tan ben coidada como deixou esta mestra, agromará dentro de nós e non poderemos esquecela xa máis.

Pola tarde, pais e nais prepararon numerosos obradoiros: de pintura, de brochetas de froita, inchables, e xogos populares onde os nenos e nenas desfrutaron coma nunca nun caluroso venres de principio de curso.

 

ATENCIÓN A NOSA FUTURA AULA MAKER

PRESENTÁMOSVOS A NOSA FUTURA AULA MAKER

Pero que é un aula Maker? É un espazo físico onde os estudantes se reúnen para compartir coñecemento e materiais de traballo. Será un espazo dirixido a todo o que queira experimentar, un lugar para o auto-aprendizaxe informal enfocado como un área de xogo onde deixar solta a imaxinación e a creatividade. Ademais convértese nun lugar no que se comparten intereses similares.

Así, será unha ampliación da biblioteca que xa nos queda pequena para as nosas investigacións, polo que nesta aula traballaremos diferentes aspectos como robótica, cociña, ciencias, plástica... e será o lugar onde poderemos experimental con material de matemáticas manipulativo 

No recuncho de Robótica,  poderemos atopar os seguintes materiais:

Distribuir contido


by Dr. Radut