Skip to Content

APÚNTATE Á NOSA ESCOLA DE MÚSICA

Chicos e chicas! Xa sabedes que está aberta a matrícula para formar parte da Agrupación Musical Santiago de Parada, do concello de Nigrán.

Animádevos a apuntarvos, sabedes que aprenderedes moito, xa tivestes unha proba do dinámicas e divertidas que son as clases de música  cando veu o director desta Agrupación ao noso cole.

Facédelle un oquiño na vosa apretada axenda!!!! 

MENU BASAL

BECAS FAMILIAS NEAE 2023

MENÚ COMEDOR SETEMBRO 2023

REUNIÓN FAMILIAS 23-24

ROBÓTICA NA CRUZ

Durante este curso o alumnado do CEIP da Cruz poido realizar actividades con diferentes robots onde desenvolver a súa competencia computacional á vez que interactúa cos seus compañeiros/as para atopar solucións conxuntas.

 

MBOT: https://youtu.be/8BIzAjCQXpU

TRUE TRUE: https://youtu.be/8BIzAjCQXpU

ZOWY: https://youtu.be/j50SGuysGek

CODE&GO: https://youtu.be/kYRWgDzC9Ss

BLUEBOT: https://youtu.be/EBQagnQgP1s

 

 

XOGOS DE MESA NA BIBLIOTECA

 

Os xogos de mesa son moi codiciados na biblioteca e os nenos/as de 4º a 6º fixemos uns tutoriais coas instruccións para que os demáis nenos/as do centro poidan aproveitalos ao máximo.

 

XOGOS DE MESA NA BIBLIOTECA

INSTRUCIÓNS DODO

INSTRUCIÓNS LABERINTO MÁXICO

INSTRUCIÓNS ESZI

INSTRUCIÓNS CORTEX

INSTRUCIÓNS DOBBLE

XORNADAS EN TUI SOBRE ODS

Antes de rematar o curso tivemos unha xornada moi especial no colexio de Tui na que participaron moitos centros expoñendo traballos acerca dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, ODS, ao resto de persoas que pasaron polo noso stand.

Foi un traballo moi intenso entre rapaces do terceiro ciclo que tivo como colofón a súa exposición en Tui. Aqui vos amosamos algunas das imaxes para que vexades os seus traballos. AGardamos que vos gusten!

PREMIOS PREGUNTOIRO 2023

Como colofón do concurso anual de preguntas acerca da arte, o noso Equipo Preguntoiro de chicas de sexto, deu os premios a todos os gañadores de máis de tres puntos do concurso. Grazas a Camosiña sabemos un pouco máís sobre a arte na Historia. E os doces que nos repartiu aos gañadores e participantes estiveron moi ben .Tamén estivo ben o premio que recibiron as propias chicas do Equipo Preguntoiro pola súa labor todas as semanas correxindo as respostas de todo o colexio. Moi ben Equipo! Grazas e ata sempre!

 

XORNADAS MALLÓN-CRUZ 2023

Case terminando as clases fixemos unhas xornadas especiales entre o alumnado do ceip Mallón e o noso: foron unhas olimpiadas xeniais, moi rifadas, por certo, no que os gañadores levaron diploma e medalla. Todo este traballo está encamiñado a favorecer o deporte entre os cativos e abrir o abano de deportes máis alá do futbol que é tan buscado. O alumnado experimentou outros tipos de deportes e fixeron convivencia  cos seus iguais doutros centros. Nin que dicir que tamén o pasaron fenomenal!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut