Skip to Content

Curso 2019 - 2020

DIVERSIÓN E APRENDIZAXE EN EDUCACIÓN FÍSICA

As clases de educación física no cole son moi divertidas e orixinais. Traballamos o esquema corporal e a lateralidade de forma moi  lúdica e amena. A verdade é que nos gusta moito traballala con globos. Un segredo......encántanos esta asignatura! Desfrutamos a tope!

 

 

.

ABEL, FINALISTA DO PREMIO PONTE NAS ONDAS

Estamos moi orgullosos de que o noso alumno  Abel, de sexto curso quedara de segundo no Concurso de Fotografía de Ponte nas Ondas.

Todo o segundo e terceiro ciclo quixo acompañalo na recollida de premios, xa que fixeron actividades didácticas durante toda a mañá. Noraboa Abel!

UN BALÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

CELEBRACIÓN DEREITOS DA INFANCIA E DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

Nesta mañá de finais de novembro xuntámonos no salón de actos para conmemorar o Dia dos Dereitos da Infancia e o 25 de novembro , Día da Non violencia de xénero.

Cada clase tiña que preparar dous Dereitos da Infancia:Debuxalos, plasmalos, leelos, e explicarllos ás demais clases. Pero os protagonistas este día foron os rapaces e rapazas de 6º que prepararon unha Performance acerca da Non Violencia contra a muller. Mensaxes como o de quererse moito a un mesmo, saber compartir cos amigos, e non confundir o amor co abuso , foron algunhas das ideas que nos deixaron a todos.Para rematar, repartiron corazóns morados a todos ,coa mensaxe "Quérete moito!"

UN ROBOT NA AULA DE INFANTIL: BEE BOT

Os robots chegan as nosas aulas! Esta vez foi un Bee bot que fixo un remate de proxecto na aula da profe Ana. Se elexía un debuxo e os nenos tiñan que averiguar a letra pola que escomenzaba a palabra e guiar ao robot ata alí. Foi toda unha experiencia na que aprenderon a establecer estratexias para que o robot for ao lugar indicado. Pasárono xenial e indiscutiblemente aprobaron este peculiar exame! Esta actividade está dentro do proxecto de centro "Robotizando o Ceip da Cruz".

 

 

PISTOLETAZO DE SAÍDA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

As nosas expertas Axudantes de Biblio xa teñen preparadas para todos nós as Mochilas Viaxeiras que irán navengando polas distintas familias ao longo do curso levando un montón de historias e vivencias ás nosas casas. Grazas chicas por traballar con tanta ilusión e esmero codo a codo con Camosiña para facer que nenos e nenas lean cada vez máis!

A COCIÑA DE CAMOSIÑA: LIBRO DO ARTISTA

" A cociña de Camosiña" é un Libro de Artista, un proxecto de arte que ten como base a intervención dun libro para darlle un significado diferente. Neste caso, a "Cociña de Don Quixote", orixinal, converteuse nun curiosísimo libro no que se traballa a Alimentación a través de distintos aspectos. Este exemplo de libros de artista vense sumando aos moitos proxectos similares que se veñen facendo dende séculos. A artista, a nosa querida profe Susana, non dubidou en presentalo aos compañeiros das Xornadas "Proxect-arte" e foi todo un éxito. Utilizarémolo na aula e servirá de exemplo para próximos libros do Artista. 

PRIMEIROS PASOS EN INGLÉS

Son dos pequenos de primaria pero xa saben dicir moitísimas cousas en inglés. Botádelle un ollo aos nosos nativos ingleses e descubriredes o ben que pronuncian e o desenvoltos que están xa neste primeiro trimestre do curso. Noraboa chicos e chicas!

 

HALLOWEEN ,SAMAÍN E MAGOSTO NO CEIP DA CRUZ

O último día de outubro celebramos o Halloween,o Samaín e o Magosto no colexio. Como vén sendo tradición nenos e nenas disfrázanse de personaxes de Medo. O departamento de inglés planexou un día cheo de sorpresas. Así,  tivemos un acto no que os rapaces de cuarto recitaron Poemas referidas a temática do medo, e tamén os de quinto fixeron poesias relacionadas con esta temática.  O profe Bruno explicounos todo o referido ao Samaín galego e as súas orixes. Uns nenos de quinto explicáronnos moitas cousas acerca do Hallooween. Ademáis tivemos xogos como o da Caixa Sorpresa ( "Suprise Box") e unha Búsqueda do Tesouro na que os gañadores foron o equipo Diaños. Tivemos bailes da man dos de infantil e dos maiores do cole. Ao rematar, a "teacher" repartiu os premios das cabazas e chuches para todos e todas !  

Pero qué divertio foi celebrar o magosto disfrazados, comendo castañas todos xuntos, pequenos e maiores, ao son de músicas bonitas....Aquí van algúns destes momentos que queremos compartir con todos vós.

 

 

CHEGOU O SAMAÍN: CONCURSO DE CABAZAS!

Xa chegou o Samaín, e como é tradición no noso cole, as familias fixeron unhas manualidades marabillosas cos seus pequechos e este é o resultado. Son todas , manualidades xeniais, por iso todos os participantes levaron un diploma. Logo tivemos 8 gañadores que levaron sendos premios.....pero o que non puido faltar foron chuches para todos os nenos e nenas que tanto o merecían. Noraboa a todos e todas polo voso estupendo traballo! Grazas familias!

Distribuir contido


by Dr. Radut