Skip to Content

MENÚ BASAL E VEXETARIANO NOVEMBRO 2023

POEMAS CON MOITA ARTE

Na clase de cuarto de primaria estanse a formar uns lectores e artistas incríbles. Mirade que bonitos debuxos fixeron a raíz dos versos dun fermoso poemario galego. Non vos perdades estas fermosísimas imaxes! Esperemos que vos gusten!

COMEZAMOS CO HORTO ESCOLAR

Por fín chegaron Diana e Raquel, para dar o pistoletazo de saída ás actividades da horta escolar. Limpamos as herbas, e preparamos o noso horto para cultilvar moitos froitos. Encántannos estas actividades ao aire libre! Grazas RAquel e Diana!

RAQUEL QUEIZÁS E O MUNDO DO CINE

Hoxe, día 24 de outubro, é o Día das Bibliotecas Escolares. Por esa razón tivemos un xenial espectáculo protagonizado por Raquel Queizás no que fixo uns truquiños especiais para meternos no mundo do cinematógrafo, do cine mudo en branco e negro.......Amosounos así cales foron os incios deste mundo do cine, que comezamos a investigar.....Foi unha actuación xenial da que sacamos moitas conclusións! E de paso, pasámolo fenomenal con ela! Grazas!  Volve cando queiras, Raquel!

 

PREGUNTOIRO 2023-24

Presentámosvos ao novo Equipo do Preguntoiro! Son cinco rapazas de sexto que nos animan a participar no concurso máis molón do ceip da Cruz. As seis deron o pistoletazo de saída a este xogo  que ten un montón de aficcionados. Cada xoves elas correxirán as preguntas. Non vos esquezades de participar, xa que aprenderedes un montón. Xa sabedes que este ano o Preguntoiro está ambientado no cine.......Sabedes moito de cine? Pois animádevos e participade!

PASAPALABRA SAMAÍN

RASTREXO TERRORÍFICO EN CAMOS

Si queredes pasar unha tarde terrorífica, nenos e nenas de Camos, xa sabedes, apuntádevos a esta estupenda actividade na que os nenos do cole están a preparar.....Vai ser un rastrexo moi divertido, terrorífico, duns 5 km , con moitas sorpresas que vos encantarán.....O sábado 28 de outubro será un día para divertirse!

REGLAS DE XOGO: CONVIVENCIA NO COLE

LUCES , CAMOS E ACCIÓN!

 

Con este mural tan fermoso , os nenos e nenas do Ceip da Cruz damos o pistoletazo de saída ao novo curso . Esta vez traballaremos cun proxecto de cine. Estamos moi entusiasmados xa que andamos a facer moitas cousiñas que vos queremos presentar, coma estes carteis de cine e salas .....A que son chulos? Pois hai moitas máis actividades relacionadas co tema do cine........Preparados?

 

DÍA DAS ESCRITORAS

Distribuir contido


by Dr. Radut