Skip to Content

Fomento da lectura.

AUDIOCONTO: LAS JIRAFAS NO PUEDEN BAILAR

Cando che digan que non eres capaz de algo, fai coma a protagonista da nosa historia e loita, cre en ti mesmo e conseguiralo. Porque, tal e como nos di Chufa, non todos temos que bailar coa mesma música nin ao mesmo ritmo......pero sí, todos podemos botar o baile máis fermoso da nosa vida! Os nenos e nenas de primeiro leron para nós este contiño que nos encantou!

LENDO CONTOS: MALENA BALLENA

Os rapaces de cuarto de primaria len para nós este conto tan entrañable de Superación Persoal. Unha nena que sufre bullying na escola descubre o xeito de superar dificultades, medos e barreiras. A través da superación persoal logra estar por riba de todas as murmuracións dos compañeiros....Eu quero ser tamén como Malena. Superballena!

AUDIOCONTO, 2º E 3º DE PRIMARIA: YO VOY CONMIGO

Outro traballo marabilloso dos nenos e nenas de segundo e terceiro de primaria é este audioconto que prepararon para todos nós. Un conto de autoestima, autocoñecemento, empoderamento persoal e identidade propia. Un conto que engancha e xenial interpretado por este pequeno alumnado. A min, encantoume!

AUDIOCONTO : MONSTRUO ROSA

Co gallo da Semana do Libro, os nenos e nenas de infantil de 4 e 5 anos déronlle voz ao seu conto favorito. Agardamos que vos guste o seu traballo, a eles encantoulles facelo e pasárono fenomenal preparándoo. Premede no vídeo para disfrutar desta viaxe  polo conto de Monstro Rosa.

CONTACONTOS DE SEXTO: A VACA QUE PUXO UN OVO

Dende a aula de Sexto chéganos este conto divertido sobre a amizade e o coidado do outro. É un traballo feito na Semana do Libro, na que cada curso ten un conto que vai a presentar  ás outras clases. Agardamos que vos guste!

CUENTO: HIJITO POLLITO. LA ADOPCIÓN.

Hoxe trouxemos a clase un conto sobre a adopción e a familia. Porque non todas as familias son iguais. Porque todo é igual de importante si se trata do noso. Encantounos este conto que vos relatamos a continuación. E a vos, gústanvos o noso conto?

SEMANA DO LIBRO. ABRIL 2021.

Foron numerosas as actividades que se levaron a cabo durante esta semana previa ao venres 23 de abril, pero o que sí vos podo asegurar é que non faltaron os contos nelas. Todas as mestras nos volcamos en que os nenos disfrutasen cos libros dun xeito especial.  A os cativos encántanlles os contos , e ao contarmos cunha  biblioteca moi ben dotada, poden disfrutar mellor deles.

Aquí vos van algúns dos momentos vividos ao longo desta semana. Que vivan os contos!

CONTACONTOS: MERLÍN E FAMILIA. DÍA DO LIBRO

Os nenos de 1º, 2º e 3º,tiveron hoxe un agasallo especial : o mago Merlín e o seu axudante viñeron para contarlles contos. As historias que lles contaron estaban baseadas no libro Merlín e Familia de Álvaro Cunqueiro, e foi unha verdadeira sorpresa para os máis cativos do cole. Moitas grazas pola sorpresa! Viva o día do Libro!

CONTOS EN INGLÉS:Where the wild things are?

Para celebrar o Día do Libro, na clase de Inglés traballouse o popular conto Onde Viven os Monstruos:, en versión orixinal. Ademáis a teacher repartiu entre moitos nenos os libros da biblio da aula de Inglés para que os disfrutaran na casa. E como nos encantan os contos pareceunos xenial a iniciativa! Mirade que debuxos tan bonitos fixemos dese conto!

SEMANA DE CONTACONTOS EN 2º E 3º

 Durante esta Semana do Libro, na clase de Segundo e Terceiro nos convertimos en contadores de historias. Cada compañeiro ou compañeira preparou a lectura do seu conto favorito, e compartiuna co resto da clase. Foi unha experiencia que nos encantou, xa que a lectura é algo marabilloso e cando se comparte aínda se espalla máis a maxia. No seguinte vídeo podedes ver momentos das lecturas destes contos. Vivan os contos!

Distribuir contido


by Dr. Radut