Skip to Content

Conmemoracións

AUDIOCONTO, 2º E 3º DE PRIMARIA: YO VOY CONMIGO

Outro traballo marabilloso dos nenos e nenas de segundo e terceiro de primaria é este audioconto que prepararon para todos nós. Un conto de autoestima, autocoñecemento, empoderamento persoal e identidade propia. Un conto que engancha e xenial interpretado por este pequeno alumnado. A min, encantoume!

AUDIOCONTO : MONSTRUO ROSA

Co gallo da Semana do Libro, os nenos e nenas de infantil de 4 e 5 anos déronlle voz ao seu conto favorito. Agardamos que vos guste o seu traballo, a eles encantoulles facelo e pasárono fenomenal preparándoo. Premede no vídeo para disfrutar desta viaxe  polo conto de Monstro Rosa.

SEMANA DO LIBRO. ABRIL 2021.

Foron numerosas as actividades que se levaron a cabo durante esta semana previa ao venres 23 de abril, pero o que sí vos podo asegurar é que non faltaron os contos nelas. Todas as mestras nos volcamos en que os nenos disfrutasen cos libros dun xeito especial.  A os cativos encántanlles os contos , e ao contarmos cunha  biblioteca moi ben dotada, poden disfrutar mellor deles.

Aquí vos van algúns dos momentos vividos ao longo desta semana. Que vivan os contos!

CONTACONTOS: MERLÍN E FAMILIA. DÍA DO LIBRO

Os nenos de 1º, 2º e 3º,tiveron hoxe un agasallo especial : o mago Merlín e o seu axudante viñeron para contarlles contos. As historias que lles contaron estaban baseadas no libro Merlín e Familia de Álvaro Cunqueiro, e foi unha verdadeira sorpresa para os máis cativos do cole. Moitas grazas pola sorpresa! Viva o día do Libro!

CONTOS EN INGLÉS:Where the wild things are?

Para celebrar o Día do Libro, na clase de Inglés traballouse o popular conto Onde Viven os Monstruos:, en versión orixinal. Ademáis a teacher repartiu entre moitos nenos os libros da biblio da aula de Inglés para que os disfrutaran na casa. E como nos encantan os contos pareceunos xenial a iniciativa! Mirade que debuxos tan bonitos fixemos dese conto!

SEMANA DE CONTACONTOS EN 2º E 3º

 Durante esta Semana do Libro, na clase de Segundo e Terceiro nos convertimos en contadores de historias. Cada compañeiro ou compañeira preparou a lectura do seu conto favorito, e compartiuna co resto da clase. Foi unha experiencia que nos encantou, xa que a lectura é algo marabilloso e cando se comparte aínda se espalla máis a maxia. No seguinte vídeo podedes ver momentos das lecturas destes contos. Vivan os contos!

VISITA DA ESCRITORA IRIA MISA.

Esta semana, como preludio da semana do Libro, tivemos unha visita moi especial: a escritora Iria Misa, que escribiu un dos libros que están lendo os rapaces de quinto e sexto: "Mamá, quero ser como Ziggy Stardust". 

Falamos sobre a transexualidade que é a temática do seu libro, dos distintos personaxes e anécdotas da historia, de canto tardou en escribilo, dos seus outros libros, de cando comezou a escribir, e tamén da ilustradora do libro ( Alba Barreiro)

Encantounos a súa visita e aprendemos moito do gran esforzo que hai detrás de cada libro e cómo é todo o proceso de escritura.

Para agradecerllo démoslle uns regaliños de comercio xusto e ecolóxicos e unha bolsa e neceser de Juan María bylolola que vos recomendamos a todos porque coa venta dos seus produtos colaboramos en proxectos de formación para que poian desarrollar o seu talento e integrarse na vida laboral. Lembrade pois este enlace:

https://www.juanmariabylolola.com

 

2 de ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

Hoxe é un día para dar visibilidade ao autismo. No noso cole estamos convencidos de que todos somos diferentes, e as nosas diferencias nos enriquecen. O autismo non é unha enfermidade,implica outra maneira de ser, de pensar, de percibir o mundo. Tratase de que entre todos aceptemos as diferencias como algo habitual, e así non haberá que falar de inclusión senón de convivencia.

No cole queremos moito a todos os nenos e nenas que teñen esta condición: son parte da nosa identidade, e queremos que se sintan respetados e valorados, o mesmo que queremos para os demáis nenos e nenas normotípicos.

Así que dende aqui enviamos esta mensaxe :Todos diferentes, todos iguais. É sinxela, pero implica unha gran realidade. Querémosvos chicos. Adiante, sempre sumando!

 

SEMANA DA PRENSA: 8-12 DE MARZO

Durante esta semana todo o alumnado traballou arreo acerca da prensa. A partires de novas que lles chamaban a atención as comentaban, ou facían un remix dándolle novo sentido.  Nunca é demasiado cedo para ler prensa, iso si, hai que facelo con sentido crítico e obxectivo,e a estes nenos encántalles ler! Un saúdo a todos!

8 de MARZO. DÍA DA MULLER

No cole celebramos esta efeméride tan especial a través dun Xardín de Mulleres importantes na historia...Son moitas as que pola súa traxectoria de vida aportaron cousas marabillosas para o avance na sociedade. e eleximos as que máis nos gustaron e investigamos sobre elas.....Este é o resultado do noso traballo .Agardamos que vos guste.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut