Skip to Content

Curso 2019 - 2020

FESTIVAL DE NADAL 2019

Chegou o Festival máis molón do primeiro trimestre: o festival de Nadal. Pequenos e maiores prepararon para orgullo dos seus pais moitas actuacións nas que demostraron a súa vena artística. Houbo bailes, obras de teatro, poemarios, e moita, moita diversión e animación. 

Aquí vos presentamos pequenos momentos en pequenos trozos de vídeo: esperemos que vos gusten , é un recordo moi fermoso. Por certo, Bo Nadal a todos e todas!

O REI MIDAS NO CEIP DA CRUZ

O rei Midas chegou ao Ceip da Cruz para recoller todas as cartas dos nenos e nenas, tanto as que se escibirion a Papá Noel, como aos Reis Magos,ao Apalpador, como ao Universo pedindo cousas para que o noso mundo sexa un mundo mellor. 

Rei Midas é un personaxe moi divertido que nos sacou sorrisos a todos e todas; cun acento especial fixo que os seus caramelos máxicos souberan a gloria. Moitas grazas Rei Midas por traer a ilusión aos máis pequechos.

MERCADILLO DE NADAL

Os maiores do colexio este ano traballaron un montón de competencias e estándares de aprendizaxe organizando un mercadiño de Nadal solidario. Todos os fondos serán destinados a Protectora de Nigrán Bai Sen Pulgas que traballa a destajo para que un montón de animais teñan unha vida digna. Estes nenos e nenas de sexto están moi concienciados en que os animais merecen todo o noso respeto e axuda posible. Que non son un agasallo para despois desbotar. Que os animais teñen moito que enseñarnos de nobleza e cariño. Grazas a todas as familias que nos axudaron a facer este soño realidade. Por certo recaudamos 460 euros!!! Todo un éxito para estes rapaces e estas persoas altruistas que axudan aos demais. Noraboa chicos e chicas!

 

CAMPAÑA DE PLANTACIÓN DE ÁRBORES DE NADAL

Hoxe o alcalde veu a vsitarnos para propoñernos unha campaña de Replantación de árbores de Nadal. A actividade consiste en recoller todas as árbores naturais de nadal ao rematar estas datas. Con todas esas árbores iremos ao monte e replantaremos de novo esas árbores para facer un grandísimo bosque. Encantounos a iniciativa!Mans a obra!.

PREMIOS PREGUNTOIRO 2019

Por fin , tras nove semanas de preguntas semanais que o Preguntoiro de Camosiña nos prepara, tivemos o reparto de premios por aulas. En todas as aulas houbo , primeiros, segundos e terceiros premios polo acerto nos cuestionarios que Camosiña nos propón cada semana.

Sabemos que Camosiña cada vez fai preguntas máis difíciles sobre a temática do Proxecto Anual. Esta vez será sobre robots e sobre o Val Miñor. A participación do alumnado neste concurso é dun 90% e Camosiña está  moi orgullosa de que nenos e nenas non deixen de demandar este tipo de actividades que se propoñen dende a biblioteca do cole.

Noraboa chicos e chicas! Seguide así!

CHARLA SOBRE OS BOSQUES E NATUREZA

Hoxe tivemos a oportunidade de que os profesionais do monte, guardias forestais nos desen unha lección maxistral acerca do mundo dos bosques. Foron tantos os datos que nos deron estes profesionais que quedamos encantados con esta clase extraordinaria na que aprendemos un montón. Os bosques, os montes, precisan do noso coidado e calquer  acto inconsciente pode acabar con eles. Coidemos os nosos montes!

SAÍDA A NATURNOVA E EXPOSICIÓN AFUNDACIÓN

Visitar Naturnova é dar unha clase de ciencias da natureza maxistral. Os nenos e nenas de quinto e sexto puideron aprender de modo moi directo á vez que divertido acerca do mundo das ciencias. Naturnova ofrece un montón de posibilidades para que o alumno manipiule, experimente, e aprenda por sí mesmo unha área tan interesante e influínte coma esta. Dicir, que moitas veces hai exames destas experiencias que nos ofrecen durante toda unha mañá. Así da gusto aprender!

3 DE DECEMBRO: DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe celebramos o Dia Internacional das persoas con discapacidade. Aínda que aprendemos que estas persoas son moi capaces de facer cousas increíbles. Por eso se fala de Diversidade Funcionanl : somos persoas diversas con distintas capacidades para facer as mesmas cousas. 

Fixemos un acto moi bonito en que o alumnado de 5ºcontou o conto de  "Marcela, a inventora de palabras" baseado na historia dunha nena con dislexia que nun principio sufriu aillamento pola súa diferencia. Deste aillamento nos falou a orientadora Eva, que nos amosou as peticións do CERMI das persoas con algunha discapacidade. O alumnado de 1º e 2º contou o conto de  "O cazo de Lorenzo". E para finalizar puxemos en común as nosas experiencias de convertirnos en artistas pintando coa boca , como fan moitos pintores de renome da nosa época.

Por iso "di capacidade e non discapacidade", e todos baixo o mesmo paraugas remaremos xuntos na dirección que a vida nos depare. A verdade é que a diferencia nos enriquece!

OBRADOIRO DE RECICLAXE E VISITA AO PUNTO LIMPO

Os maiores co colexio participaron hoxe nun obradoiro de Reutilización de material de refugallo e logo acudiron ao punto limpo de NIGRÁN para aprender como se recicla o lixo nesta comunidade.

 

 

 

AULA VERDE EN EDUCACIÓN INFANTIL

Os máis pequechos do cole fixeron hoxe unha saída ao monte máis cercano para recoller follas e flores típicas desta época para despois plasmalas nun preciocísimo mural que fixeron entre todos. Xuzgade pola vosa conta!

Distribuir contido


by Dr. Radut