Skip to Content

MENÚ BASAL DECEMBRO 23 E VEXETARIANO

CONCURSO RECEITAS DE NADAL

TODOS MENOS UNO. Un conto para a Inclusión.

Dende o Departamento de Orientación do ceip da Cruz unímonos á proposta do CEE Juan María, e adicamoslle este conto ao día 3 de decembro, no que se da visibilidade a persoas con capacidades diferentes......

Resulta que nun xardín crecía unha planta de chícharos.....Todos se pareciían e vivían tranquilamente....Todos, menos un....Había un guisante que non quería ser como os demáis.......

Que aventuras lle pasarán a este intrépido chícharo? Dádelle clic ao vídeo e averiguarédelo......

Logo ,cada un de vós, creará o voso propio chícharo coas características que vós queirades....A ver qué ideas de chícharos tan chulas saen!Usade a vosa imaxinación! Animádevos!

25N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA CONTRA A MULLER

No noso cole temos moi claro que estamos en contra da violencia en xeral , e en especial a que se exerce contra unha muller. No noso cole se respecta. No cole nos coidamos. No cole nos mimamos e crecemos sabendo que a violencia non é válida.

Neste día quixemos conmemorar o 25N cunha andaina ata o viveiro. Foi unha andaina moi especial na que todos levavamos uns dorsais co noso número de participación e cun lema:  "Tratarnos Ben", os de infantil, "Quéreme ben", os de 1º, "Se doe, non é amor", os de segundo, "Non fagas trato co maltrato" en 3º,  "Machismo, tolerancia 0", os de 4º e "Nin golpes que doan , nin palabras que firan," en 5º e 6º.

Baixo estes lemas percorremos un fermoso tramo ata o monte, levando da man aos máis pequenos , de forma que nos sentimos importantes e responsables ......Alí reflexionamos acerca dos nosos lemas , e voltamos moi contentos para o cole.

Encantounos esta celebración, xa que xuntos, somos máis fortes!

MIÑA MALETA PERSOAL: OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS 1º

Todos os martes, na clase de primeiro acontecen cousas extraordinarias. Desta vez todos os nenos e nenas trouxeron unha maleta con tres cousas especiais para cada un deles.  Son eses pequenos detalles que nos fan crecer, e ser mellores persoas.

Neste vídeo vos amosamos unhas pequenas imaxes destes momentos tan especiais, nos que os pekes de primeiro compartiron agasallos e posesións de moitísimo valor emocional........Gracias nenos e familias porque foron sesións moi emotivas nas que vimos a importancia dos pequenos detalles. Unha aperta a todos!

 

MIÑA MOCHILA DE EMOCIÓNS: OBRADOIRO DE EMOCIÓNS

Dende o Departamento de Orientación do cole quixemos compartir co alumnado un conto moi especial titulado " A Miña Mochila". Sabiades que todos levamos unha mochila connosco? Unha que non se enche de libros senón de cousas positivas , que che fan sentir feliz e lixeiro coma pompas, e tamén de cousas negativas, coma pedras, que che fan sentir mal. Ti que queres na túa mochila, pedras ou pompas? Pois si é así , escribe cousas bonitas que lle poidas dicir a un amigo!

CHARLA ALIMENTACIÓN :FROITAS NIEVES

Hoxe veu ao cole unha representante de Froitas Nieves, a explicarnos a importancia dunha boa alimentación, e xa de paso a deixarnos catar froitas ricas con un extra de vitaminas! Encántanos a froita e sabemos que con ela, creceremos sans e felices!

 

MAGOSTO 2023

Que ben o pasamos na celebración do Magosto!!

 

 

Unha convivencia entre os nenos/as, as súas familias e todo o profesorado, que fixo desta xornada unha gran oportunidade para intercambiar risas, conversas e momentos de desfrute xuntos. 

Xogos de madeira, obradoiro de maquillaxe, pintura libre, castañas, degustación de comida riquísima... moitas grazas pola vosa gran aportación familias!!!

 

Agardámosvos na próxima festa!

 

 

https://youtu.be/AaU8CxG3D4E

CAMPAMENTO MUSICAL

Animádevos a participar neste Campamento Musical, que se desenvolverá na ponte de decembro.  Unha vez máis a Agrupación Musical Santiago de Parada , do concello de Nigrán da a oportunidade aos máis pekes de aprender e disfrutar coa música por moi pouco diñeiro.

Para calqueira dúbida poñédevos en contacto no teléfono: 667 945 939 ou tamén por correo:

amsantiagodeparada@gmail.com

SAMAÍN - HALLOWEEN

Chegou a efeméride preferida dos nenos e nenas do ceip da Cruz: o SAmaín e o Halloween. Neste día tan especial todos os rapaces e rapazas disfrazáronse de personaxes que daban moitísimo medo. Ademáis os mestres tiñamos preparada unha actividade moi especial na que participaban grupos de 12 nenos e nenas de todas as edades. Consistía en visitar as distintas oito estacións ao longo do centro: estación de inglés no que visionaron vídeos de Halloween ,estación de plástica, de TIC , de Convivencia na que fixeron conxuros máxicos, tamén a estación das lendas de medo titorizadas polas mestras de infantil,  a de educación física chea de xogos motores para todas as edades, e a nosa estrela, a nosa radio que comezou a andar neste día.......Resulta que no noso colexio imos ter unha xenial radio! Que vos pareceu a experiencia? Xa sei, non mo digades máis,.......queredes repetir! 

Distribuir contido


by Dr. Radut